martes, 15 de marzo de 2011

ENCONTRO SOBRE A COOPERACIÓN INTERNACIONAL EN GALICIA



O pasado Venres 11 de Marzo presentamos o proxecto Monferosolidario no taller de experiencias enmarcado dentro do programa do "Encontro sobre a cooperación internacional en Galicia", celebrado no Centro Social Novacaixagalicia, e organizado pola Coordinadora Galega de ONGD e o Fondo Galego de Cooperación. Tanto o proxecto Monferosolidario, como o resto das experiencias expostas estaban encamiñadas a orientar as futuras estratexias dos axentes galegos de cooperación, e tras as intervencións tratouse de establecer liñas de traballo conxunto para o futuro.
Este encontro contou coa participación de representantes de ONGD, administracións autonómicas e estatais, universidades e partidos políticos. O obxectivo principal era estudar como afecta e como afrontan os diferentes actores da cooperación ao desenvolvemento a actual conxuntura socioeconómica. Analizáronse os efectos dos recortes orzamentarios nas políticas de loita contra a pobreza. O encontro ofreceu distintas mesas redondas, unha conferencia a cargo da Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, analizando o futuro da cooperación no Estado español. Tamén houbo un espazo para a reflexión sobre a nova normativa de subvencións en materia de cooperación, o Comercio Xusto e a compra ética e a cooperación galego-portuguesa na lusofonía, entre outras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario