O martes 21 de xuño xuntámonos en Gandarío a alumnado de primaria do noso cole xunto co CEIP A Lomba de Vilagarcía e o CEIP As Fontiñas de Santiago para participar nunca xuntanza de fin de curso dos participantes no Proxecto Móvete.
Alí vimos un vídeo resumo do encontro celebrado en Santiago en abril e realizamos diferentes actividades como xogos cooperativos, elaboración dun mural ou “Olimpraias”, con carreiras de sacos e construcción de castelos de area. Como non podía faltar, tamén aprendimos a coreografía da canción de Paco Nogueira que pon música a este proxecto.
Ademais, recibimos a visita da Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez que nos entregou os certificados de participación no Proxecto Móvete, enmarcado no programa “Voluntariado miúdo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario