Con data 14 de xuño de 2015, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" a seis centros educativos, trala valoración das candidaturas presentadas ao abeiro da resolución de 10 de decembro de 2015 da devandita dirección xeral, pola que se publicaba a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias que integra, entre outras, esta iniciativa e que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación, da Consellería de Política Social.
Reciben este selo os seguintes centros:
CPI P. Virxe da Cela de Monfero (A Coruña), CEIP P. A Pedra de Bueu (Pontevedra), CEIP Espedregada de Poio (Pontevedra), IES de Poio (Pontevedra), CEIP de Parada-Campañó (Pontevedra) e IES de Vilalonga de Sanxenxo (Pontevedra).
Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar e concédese a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable e sistematizada a educación en valores e a compensación de desigualdades, e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.
Accede ao programa premendo a imaxe superior
No hay comentarios:
Publicar un comentario