miércoles, 15 de junio de 2016

ENCONTRO FIN DE CURSO ENTRECULTURAS

   

 O sábado 18 de xuño de 2016 fun ao meu último encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, que tivo lugar en Santiago de Compostela, preto da catedral, e acudiron distintos centros de Galicia: Vigo, Noia, Boiro, A Coruña, Ferrol, Monfero e Santiago.  
      Realizamos distintas actividades, pola mañá tivo lugar a recepción dos centros, a presentación dun novo colexio que se uniu á rede e de novas persoas que nunca acudiran. A eles e aos que xa acudiramos máis veces mostráronnos un pequeno resumen do anterior encontro. Despois saímos a fora e fixemos un xogo relacionado co coidado do medio ambiente, neste cada equipo tiña que conseguir o maior número de pins, pero ao final todos os equipos tivemos que xuntarnos para poder descifrar a frase que estaba oculta. A seguinte actividade foi de relevos, na que cada equipo conseguiría máis ou menos súper poderes segundo a posición na que quedase. 
      Despois das actividades tivo lugar o xantar e tempo libre, no que descansamos e nos relacionamos quen xente de outros centros. Pola tarde reunímonos cas nosas mestras e realizamos unhas actividades de reflexión sobre o que fixemos, non fixemos, que nos gustaría facer, que melloraríamos... con vistas a este curso e posteriores, ao rematar isto, fixemos unha foto de grupo de todos os asistentes. 
      Ao final da tarde realizouse o acto de clausura, no que un representante de cada centro expoñía e presentaba todo o falado na actividade anterior. Animaron á xente a que acudise a máis encontros e agradeceron a participación de todos os asistentes, antes de rematar esta clausura, chamaron un por un ás persoas que acudiron por última vez a un encontro, dedicáronnos un vídeo e regaláronnos unha veliña, unha pulseira da rede e unha tarxeta personalizada. Antes de marchar despedímonos de todas esas persoas que quizais non volvamos a ver, ou quizais si... 
     Foi un día para rememorar e nunca o esquecerei, nestes encontros coñecín a moita xente e pasei moitos momentos inmellorables. Grazas por estes 4 anos. Nerea Couceiro (4º ESO).







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario