“Vida” e “Máis que Vida” é un documental feito por
Rubén Ríos. Estre trata sobre o acoso e o maltrato a persoas con discapacidade.
Saían escenas moi crueis, xa que insultaban a dúas persoas que non facían nada
malo, soamente eran diferentes. A min, persoalmente gustoume moito o documental
“Vida”, polos temas tratados e porque cada día se pode aprender algo novo da
sociedade na que vivimos.
Este é un tema que está moi presente na actualidade,
por desgraza. Moitas veces tratamos mal a persoas polo simple feito de ter características
ou ideas diferentes. Eu penso que a
pesar de todas as diferenzas entre nós deberiamos de tratarnos ben, que é como
merecemos porque todos somos iguais.Estas enfermidades non teñen unha cura
total, e ás veces costa tratar con xente con discapacidades pero é moi
gratificante poder axudar e ver que os demais agradecen o esforzo que fas.
Encántame que cada día as persoas estean máis
concienciadas en erradicar estas inxustizas, e aprendín moito có que dixo o seu autor e os comentarios dos demais. Aldara Pita (2º ESO).
Documental vida from satelite1
No hay comentarios:
Publicar un comentario