Hoxe 5 de xuño celébrase o Dia Mundial do Medioambiente,
data na que se fomenta a sensibilización sobre o medioambiente ademais de motivar a que as persoas se convertan
en axentes activos dun desenvolvemento sostible e equitativo, promovendo o
papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara aos temas
ambientais, a cal garantirá que todas as persoas disfruten dun futuro máis prospero e seguro.
Invitámosvos a que vexades estes dous audiovisuais
realizados no noso cole sobre esta temática. O primeiro co título: “Gústame de onde son”, amósanos a implicación do alumnado, do profesorado e do
conxunto da nosa comunidade educativa no deseño e desenvolvemento dunha serie
de actuacións, que supoñen a posta en valor do patrimonio natural, imprescindible para o desenvolvemento social, económico e cultural da
nosa contorna.
O segundo referido ao Obxectivo 7 dos ODM, recórdanos que
hoxe en día o noso planeta está en perigo se non mudamos as nosas accións, e
danos algunhas pistas para emprender ese cambio de actitude. Dicir que este
último vídeo quedou finalista no Festival Audiovisual Olloboi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario