miércoles, 3 de junio de 2015

CARTA A KAILASH SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014




O pasado 7 de maio de 2015 o Premio Nobel da Paz 2014, Kailahs Satyarthi, visitou A Coruña para dar unha conferencia e así difundir o seu interesantísimo traballo de loita contra a represión de nenos/as e xóvenes, e polo dereito de todos os nenos/as á educación. 

O CPI Virxe da Cela participou na iniciativa promovida por Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, redactando cartas a o señor Kailash Satyarthi expresando as súas inquedanzas e opicións sobre a explotación e o traballo infantil. Todos os rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º da ESO escribiron as súas respectivas cartas, que enviamos vía electrónica a Prensa-Escuela, e agardamos chegasen ao seu destinatario. O fragmento dunha delas (carta de Alba Rodríguez, 2º ESO) foi publicada na prensa. 

Por outra banda, a profe de CCSS, Teresa Losada, elaborou xunto cos seus alumnos/as un panel xigante onde todas estas mostras de agradecemento e admiración cara a Kailash Satyarthi quedarán expostas á vista de toda a comunidade educativa. 

Deixamos neste espazo unha mostra dos traballos realizados polos nosos alumnos/as. 













No hay comentarios:

Publicar un comentario