Chámanse Gabriel e Celia, e están convencidos de que a súa profesión é unha clave fundamental para o cambio e a transformación social. Para comprender o mundo con todas as súas complexidades é necesario deterse a observalo minuciosamente e deste xeito cartografiar a xeogafía humana. Isto precisamente é o que están a facer na presente semana visitando o noso centro e experimentando o día a día dos diferentes axentes da comunidade educativa. Tratarán de achegarse a todos nós a través das testemuñas de profesores/as, rapaces/zas, pais e nais, etc., que encherán as tarxetas de memoria das súas cámaras. Despois dun minucioso proceso de edición serán presentados en formato de minidocumental de 3 minutos de duración que se exhibirá a partires do vindeiro mes de setembro en Internet e constituirá un dos capítulos dunha serie de documentais que ilustran o traballo que se está a desenvolver en diferentes escolas do territorio nacional vinculados aos proxectos educativos da Fundación Ayuda en Acción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario