Fai escasamente dúas semanas o alumno Iván Miño Rodríguez, que cursa os seus estudos de 2º da ESO no CPI Virxe da Cela, dirixíase á súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos I de Borbón. O motivo era a elaboración dun traballo dentro da materia de Educación para a Cidadanía para conmemorar a SAME 2014 (Semana de Acción Mundial pola Educación), que neste caso presentaba o formato de carta. Neste documento Iván presentábase ao monarca do noso país como estudante de educación secundaria, solicitando certos cambios e modificacións para facilitar unha educación de calidade para todos e todas.
A nosa grande sorpresa foi recibir o día de hoxe, martes 10 de xuño de 2014, unha rápida resposta por parte do Gabinete de Planificación da casa Real (Palacio da Zarzuela), agradecendo a información enviada e transmitindo un saúdo cordial de parte do noso actual monarca. Apreciamos este atento xesto que nos axuda a pensar que o cambio é posible e que se pode dar a través destas pequenas accións. Educar a unha mocidade comprometida, crítica e responsable é a nosa aposta para o futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario