"Cuerdas" foi o filme que obtivo o Premio Goya 2014 na categoría de mellor curtametraxe de animación. A película, repleta de matices, narra en 10 minutos a historia de amizade entre María e un neno moi especial que chega ao colexio. Unha tenra historia de amizade que fala tamén de valores e ilusións.
Pedro Solís, autor e director da curta, toma como inspiración a historia do seu fillo Nicolás, afectado de nacemento por unha parálise cerebral, e cuxa figura inspira a do neno protagonista desta ficción. Aquí vola deixamos. Non deixedes de vela.
Despois de visionar a curta, podedes facer unha pequena reflexión sobre ela no apartado de comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario