En decembro de 2013 o CPI Virxe da Cela e a AMPA deste centro escolar firmamos un convenio de colaboración coa Fundación Axuda en Acción. A través deste convenio unímonos ao proxecto educativo "Agora Toca", tratando de participar activamente nunha serie de actividades enfocadas na educación en valores. A firma deste convenio supón asimismo un avance na traxectoria de Monferosolidario, xa que a partir de agora afianzamos lazos de unión coas familias, que pasarán a ter un papel moito máis activo, e incluso coa contorna máis próxima. A través da Fundación Axuda en Acción acadamos unha axuda na financiación dos gastos de transporte derivados das saídas extraescolares e complementarias, neste caso facilitando ao noso alumnado o acceso á certas actividades culturais, científicas e artísticas que teñen lugar en espazos urbanos, a unha distancia considerable da nosa ubicación no rural.
Deixamos aquí constancia de dúas saídas realizadas no mes de febreiro á comarca de Betanzos, onde o alumnado de infantil visitou o parque de Bombeiros, o Parque Pasatempo e o Supermercado GADIS, e o alumnado de secundaria ampliou os seus coñecementos arquitectónicos e artísticos sobre o casco antiguo da Cidade dos Cabaleiros, as riquezas do Parque Enciclopédico do Pasatempo e incluso tivo a oportunidade de coñecer o funcionamiento de todo o proceso empresarial a través da visita das instalacións de GADISA, situadas en Cortiñán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario