sábado, 22 de febrero de 2014

CRÓNICA DO IV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

      Por terceira vez consecutiva, o CPI Virxe da Cela participa no Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas que se celebra bianualmente en Guadarrama (Madrid). Neste xa IV Encontro da Rede, que leva por lema “Remóvete e actúa pola educación e os dereitos humanos”, bateuse o record de asistencia: casi 300 persoas, entre alumnos/as, profes, técnicos/as e voluntarios/as de Entreculturas. Outra das trazas que poderían definir este último encontro é a “diversidade”, xa que nesta ocasión contamos coa presenza de mozos/as e docentes de diferentes países (Ecuador, Colombia, Portugal, Malta, Italia, etc), que aportaron grande riqueza na fala, na cultura, e na maneira de entender o mundo.
 
      A pesares do madrugón do venres 14 e a tensión dunha longa viaxe en bus loitando coas adversidades atmosféricas (digamos que as rachas de vento se percibían como auténticas “turbulencias”), chegamos ao noso destino ao final desa mesma tarde, e a partires de aí sucedéronse unha tras outra as diferentes actividades programadas. Como podedes ver nas fotos, Rocío, Laura, Iago e Adrián comportáronse como uns perfectos embaxadores/as do noso centro, amosando a súa boa disposición, don de xentes, participación activa, e outras moitas virtudes… Sabemos que foi para eles unha experiencia inesquecible, e proba disto foron as bágoas que se verteron no autobús o domingo ao mediodía, no momento da volta a casa… As profes Yolanda e Verónica tiveron a oportunidade de reencontrarse con outros/as docentes galegos/as que tamén pertencen á Rede, ampliaron a súa formación a través de charlas e dinámicas e… aínda que os anos pasan factura… estiveron á altura das circunstancias dándoo todo na sesión disco da noite do sábado…
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario