Se observades as etiquetas destes xabóns solidarios, comprobaredes que están feitos artesanalmente polo alumnado do CPI Virxe da Cela (Monfero), utilizando esencia natural de "Floridaria" (planta solidaria orixinaria de Monfero), e grandes doses de amor, e que a utilización deste produto natural favorecerá á hixiene e coidado do Mundo.
Non é a primeira vez que no noso centro se elaboran xabóns con fins solidarios (recordade o tremendo éxito que tiveron a venda dos mesmos na pasada edición do Rastro Solidario celebrado en Abril de 2013). Nesta ocasión a campaña se lanza vinculada ao Día de San Valentín, e o alumnado de 3º da ESO demostraron un elevado grado de autonomía á hora de coordinar todo o proceso de marketing e venta ao público.
Os xabóns foron elaborados no laboratorio de Ciencias, coa gran axuda de a profe de CCNN Mª José Fandiño, quen guio todo o proceso, facilitando as materias primas, calculando as proporcións e revisando a seguridade do alumnado ante os riscos durante o proceso químico. Unha vez desmoldados, estes xabóns foron envoltos con todo cariño e delicadeza en fermosos papeis de cores e acompañados por unhas etiquetas perfectamente deseñadas. Entre as formas elexidas, a de corazón tivo unha importancia fundamental, xa que foi a base para sustentar a campaña de San Valentín.
Podedes ver nestas imaxes o punto de venta, situada á entrada do edificio de secundaria, totalmente decorado en cor vermella, tal como pedía a ocasión. Contamos coa colaboración de diferentes profes e departamentos, proba disto son os paneis que conteñen debuxos e poemas de amor, así como a curiosa lámina realizada polo alumnado de infantil, que contén una serie de corazóns de papeis de cores. Acompañando a campaña de San Valentín, abreuse o plazo para inscribirse nun concurso de cartas de amor, e todos os que queiran participar poden adquirir o sobre e o papel e depositar a súa carta nunha furna. Tanto éxito nas ventas como os xabóns o tiveron as deliciosas piruletas de corazón que tamén se venderon no "chiringuito do amor".
Próximamente teredes acceso en primicia de todo o documental que relata este laborioso proceso no que prima a cooperación entre o alumnado, guiado polo último fixaxe de telemonferosolidario, o talentoso reporteiro Adrián (3º ESO).
No hay comentarios:
Publicar un comentario