Como tod@s sabedes hoxe 20 de novembro conmemórase a aprobación da Convención sobre os Dereitos da Infancia. En dita Convención recóllese o conxunto máis amplo de normas xurídicas internacionais para a protección das persoas menores de 18 anos.
Sen esquecer que os dereitos deben formar parte da vida diaria da infancia e adolescencia ao longo de todo o ano, cada 20 de novembro temos a oportunidade de reflexionar sobre que son e en que situación está o cumprimento dos mesmos.
É moi importante, á hora de falar dos dereitos dos nen@s, insistir en como deben estar contemplados por toda a sociedade e na importancia que teñen para todos os nenos e nenas do mundo, por igual.
Aínda que o respecto pola infancia, polos dereitos e valores deben traballarse no día a día, esta data é unha gran oportunidade para celebralo entre tod@s e realizar propostas específicas.
Así no noso cole os alumnos de 1º ESO realizaron un magnífico programa de radio sobre “Os dereitos da infancia", no cal reflexionaron sobre o seu cumprimento, recordando que aínda hai dereitos que non se están a cumprir e que non todos os nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades de alcanzalos.
Ademais realizaron un pequeno dossier coas súas reflexións.
Aquí vos deixamos o seu traballo.
Making off programa de Radio "O Xestal nas Ondas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario