Iniciamos un novo curso cargados/as de enerxías, ilusión e ideas. Despois desta parada de dous meses, na que profes e alumnos/as aproveitamos para descansar, desconectar e coller novos folgos, iniciamos un novo curso escolar con gañas de continuar vinculados aos nosos proxectos solidarios.
Algúns xa non están connosco, e esperamos que tras finalizar a súa etapa educativa no CPI Virxe da Cela estén nestes momentos descubrindo novos mundos e coñecendo novas amistades noutros centros escolares onde están a cursar a súa formación académica. Queremos recordarvos que podedes seguir aportando o voso graniño de area alí onde vaiades, e que incluso poden xurdir outros grupos solidarios. Sabedes que aquí seredes benvidos sempre, e que a través do noso blogue estaredes ao tanto de todas as actividades que seguimos levando a cabo no CPI Virxe da Cela, e que agradecemos moitísimo as vosas visitas e sentímonos orgullosos de todos os vosos avances.
Por outra banda destacar esa nova promoción que está a entrar en 1º da ESO e que de seguro serán uns perfectos/as activistas da solidariedade (así xa o demostraron no seu paso por primaria). E por suposto, non nos esquecemos de todos/as esas caras xa coñecidas que este ano cursan 2º, 3º e 4º e que foron o motor de cambio durante o pasado curso académico.
Benvidos ao novo curso 2013-2014!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario