viernes, 12 de julio de 2013

FIN DE CURSO E DESPEDIDA

Chegan as tan desexadas vacacións de fin de curso, felices por deixar de lado aos libros e morriñentos por despedirnos dos nosos compañeiros/as... Unha festa chea de discursos, aplausos, diplomas, xantar especial, bicos, sorrisos, e tamén algunha bágoa que se deixa escapar... xa que para algún/has este é o derradeiro día no CPI Virxe da Cela. Marchas os alumos/as de 4º da ESO e PCPI, dixémoslle adeus a Iago, o noso cociñeiro, os rapaces /zas de 6º de primaria non deixan o centro, pero o paso á ESO supondrá un enorme cambio, tamén é o derradeiro ano para algún/ha dos nosos profes, aínda que sabemos que voltarán, ao igual que o fixeron hoxe Doña Mercedes, José Manuel, Don José, e Dopico, antigos docentes que aproveitan ocasións como a de hoxe para visitarnos. Deixámosvos unha galería de imaxes para a lembranza.


 
 
 





 
 
 
 
 
 
 

1 comentario:

  1. xa non hai volta atra, o cole terminou e cada vez queda menos.a verdade è que ese dia foi moi emotivo para todos e todas.
    dame moita pena despedirme de todos eles pero mentres pasemolo ben!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar