Escoitáchedes falar algunha vez sobre o cambio climático? Seguro que si. Os gobernos teñen moito que facer para combater as consecuencias do cambio climático, pero tamén é unha responsabilidade de toda a cidadanía velar pola saúde do noso planeta, e tratar de sacar o máximo proveito ao lugar no que vivimos pero sen que o uso indebido deixe consecuencias para as xeracións futuras. Co título "O Noso Mundo, O Noso Planeta, A Nosa Opción", a Xunta de Galicia oferta esta exposición que nos chega a través do Concello de Monfero. O alumnado do CPI Virxe da Cela ten a súa disposición múltiples paneis explicativos con interesantes contidos, e apoiando a esta exposición, durante os días 24 e 25 de outubro de 2013, Ramón Molina (quen visitou o noso centro o ano pasado para a elaboración de "Micromovies en Prol do Voluntariado") impartirá charlas e obradoiros para sensibilizarnos e guiarnos no noso ben facer á hora de ser moito máis ecolóxicos e considerados co Medio Ambiente. Propostas tan sinxelas como utilizar máis a bicicleta, o transporte público, reciclar papel e tratar de reducir o uso da electricidade son parte do cambio. E ti a que estás disposto?
martes, 24 de septiembre de 2013
SOLIDARIOS CO MEDIO AMBIENTE

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario