lunes, 6 de febrero de 2012

FLORES E CARTAS PARA SAN VALENTÍN

A proposta de concurso de cartas de amor e a venta de flores está dando os seus froitos. A entrada do edificio de secundaria, onde está situado o mostrador, converteuse nun punto de encontro, onde os rapaces e rapazas mercan os sobres para escribir as súas declaracións de amor e tamén flores personalizadas elaboradas polo propio alumnado con materiais de refugallo. Cada día hai máis sobres depositados na divertida urna de San Valentín. Non esquezas de mandarnos a túa carta...




2 comentarios:

  1. Que propostas mais fermosas facedes e que bonito está todo. Xa se ve que no cole de Monfero a cabeza non para!!!

    ResponderEliminar
  2. Qué lindo salides en las fotos entre alumn@s y la Profesora Teresa Losada.... Un saludo desde Burela... Lucía Rivas.

    ResponderEliminar