O pasado xoves 23 de febreiro as coordinadoras de Monferosolidario asistiron á inauguración dunha praza que o concello de A Coruña otorga a Vicente Ferrer, nun acto de recoñecemento cara á súa labor, unha distinción coa que a cidade quixo homenaxealo. "Adornar unha rúa co seu nome é un xeito de facelo noso, de dicirlle á súa familia, aos seus amigos e colaboradores que os valores que el encarnou permanecen vivos", dixo o alcalde, Carlos Negreira, quen presidíu o acto ao que acudíu Jordi Folgado, sobriño de Vicente Ferrer e presidente da Fundación en España, así coma Yolanda Ferrer e representantes de toda a corporación municipal. Esta praza está situada entre a fonte das Paxaritas e os Novos Ministerios. Tras o discurso do alcalde e as palabras de agradecemento de Jordi Folgado, o Rotary Club organizou unha conferencia no Hotel Attica, na que Jordi Folgado, seguindo os pasos do fundador Vicente Ferrer, explicou o desenvolvemento do proxecto que a fundación ten en Anantapur (A India), dando a entender a grande importancia que ten o recoñecemento á hora de recadar finanzamento para o desenvolvemento de proxectos concretos no eido da educación, a sanidade ou a formación de discapacitados e comunidades de mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario