lunes, 13 de febrero de 2012

III ENCONTRO GLOBAL DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE DE ENTRECULTURAS









Esta fin de semana do 10 ao 12 de febreiro tivo lugar o III Encontro da Rede Solidaria de Xóvenes en Guadarrama (Madrid).
Nesta asamblea na que o lema foi "Zanmitay: é o noso mundo; é a nosa voz" reunímonos perto de 200 alumnos/as e 70 profesores/as de todas as redes de España para compartir experiencias, traballar en torno ó tema da participación e celebrar o décimo aniversario da rede.

O CPI Virxe da Cela, a través do proxecto Monferosolidario, acudiu por segunda vez a esta xuntanza da mocidade. Tres alumnas de 4º da ESO (María Santamariña, Marta Vidal e Alba Gómez), acompañadas por dous profesoras (Yolanda Castro e Verónica Dopico) compartimos vivencias e experiencias con outros rapaces/as e profes da rede solidaria da mocidade Entreculturas. E de maneira moi especial queremos agradecer a participación de dúas antiguas alumnas do centro, Ana Elia e Luz Meri, que nesta ocasión asistiron en calidade de voluntarias, aportando unha grande axuda nas labores loxísticas do encontro. Unha axenda moi apretada con diversas actividades e moitos espazos para compartir... e para descubrir en poucas horas o auténtico valor do lema deste encontro, a amizade... Obradoiros, reflexións, representacións teatrais, unha divertida festa, unha emotiva despedida... e á espera do próximo encontro. Alí estaremos de novo. Contade connosco...



2 comentarios:

  1. lorena varela e iván torrado13 de febrero de 2012, 16:24

    Lorena e Iván, de 4º da ESO dixeron...


    gustaríame ter ido, pero quedei na escola xa que en cada centro soamente poideron ir tres alumnos/as. De todos xeitos temos que dar mil gracias a Sandra, xa que ela puxo todo da súa parte para que nós os cinco poidéramos ir a Guadarrama. Graciñas, Sandra. Despois de ver esta entrada no blogue e escoitar ás miñas compañeiras Alba, María e Marta, deime de conta de que no resto de España hai xente que pensa igual que nós. Nas fotos e nos vídeos poidemos ver o ben que o pasaron... contaxiados co espírito de Zanmitay... amizade... Gustoumos moito a presentación do grupo de Galicia coa frase: xentiña pequeniña riquiña solidaria en lugares pequeniños facendo cousiñas pequeniñas en rede cambiará a face da terriña... Por certo, estamos moi orgullosos de ter ás nosas mascotas da clase en Guadarrama, e a Álex e Nacho dándolles vida no escenario. Tamén queremos recordar todo o traballo que sabemos que fixeron os voluntarios/as, preparando e poñendo todo a punto. Gracias, Ana Elia e Luz Mery.

    ResponderEliminar
  2. A nosa máis sentida noraboa e agradecmento a todo o grupo de Monferosolidario por aportar tanto e por deixarse recibir moito máis. Grazas a Alba, María e Marta polo seu tímido sorriso e pola súa increíble paixón e compromiso. Grazas a Yolanda e Verónica polo seu exemplo, por ser tan xeniais, tan comprometidas e tan boas profes. Todas elas deixaron a Monfero e ao CPI Virxe da Cela onde ten que estar, no cume da solidariedade e o saber ser e estar. Grazas a Iván e a Lorena pola súa xenerosidade. Que saibades que estivestes na nosa mente e no noso corazón durante todo o encontro. Grazas ao CPI Virxe da Cela e ás familias por seguir confiando no traballo conxunto e en equipo que facemos entre todos e todas e que tantos froitos está a dar.
    Grazas e un bico grandísimo desde Entreculturas.
    Sandra

    ResponderEliminar