domingo, 17 de abril de 2011

A SAME NO CPI VIRXE DA CELA




Xunto co Rastro Solidario 2011 e os obradoiros de Contos Solidarios impartidos por Anxo Moure, completamos esta xornada especial do venres 15 de abril de 2011 coa celebración da campaña da SAME no CPI Virxe da Cela. Contamos coa visita de José Luís Pastoriza, técnico de Entreculturas, e Miguel Rodríguez, técnico da CME Galicia. Xuntos presentaron ao alumnado de ESO as liñas fundamentais da campaña, e mostraron o vídeo da campaña da SAME 2010, "Un gol pola educación". As dúas alumnas que representaron ao noso centro no acto da SAME celebrado en Madrid o pasado martes 12 de abril, Luz Mery e Anaís, expuxeron aos seus compañeiros/as as súas impresións e compartiron a súa experiencia, mostrando as fotografías e os videos da recepción no Congreso dos Deputados e a rolda de prensa posterior.

22 comentarios:

  1. David Río Deibe2 de mayo de 2011, 10:19

    O día 15 de abril de 2011 celebramos no noso colexio, C.P.I. Virxe da Cela, a celebración da SAME. Pasámolo moi ben e estivemos moi entretenidos porque foi todo moi activo e participaorio e o que mellor estivo de todo foi cando José Luis Pastoriza nos explicou o proxecto deste ano e o técinico da CME Galicia, MIguel Rodríguez, nos ensinou un vídeo e nos foi explicando de que iba a campaña.
    E a continuación, eu penso que a eles tamén lles gustou e amin tamén, que as nosas compañeiras, Anaís e Luz Mery, que foron a Madrid, lles expoñeran o que fixeran e a experiencia que tiveran.
    Ben, para min estivo moi ben e moi agradable.

    ResponderEliminar
  2. Angel Miraz Vázquez2 de mayo de 2011, 10:27

    O pasado día 15 abril achegáronse ata a nosa escola os colaboradores da asociación SAME. Dixéronnos ó que se adicaban e o que estaban a facer para intentar conseguir o benestar de todo o mundo e sobre todo que todos os nenos e nenas de todo o mundo poida asistir a unha escola para gozar dunha boa educación e aprender a ler e a escribir.
    A charla pareceume moi entretida e educativa, porque infórmannos sobre os problemas do mundo comparando os mundos desenvolvidos cos menos desenvolvidos.
    E, como xa sabiamos, comentáronnos que esa misión non era nin imposible, só debíamos colaborar todos un pouco todos poderíamos gozar dunha mellor calidade de vida.

    ResponderEliminar
  3. José Vidal Martínez2 de mayo de 2011, 10:34

    O día 15 de Abril visitaron o noso colexio José Luís Pastoriza e Miguel Rodríguez, dous colaboradores da SAME.Eles ensináronnos unha pequena mostra do que facían na SAME e na CME.Tamén nos dixeron que estas duas fundacións foran creadas para que todos os nenos e nenas de todo o mundo tiveran dereito a educación antes do ano 2015.Pero eles din que isto é moi difícil de conseguir porque na actualidade hai mais de oitenta millóns de nenos e nenas sen teren dereito a educación e tan so quedan catro anos para que se cumpla o prazo de 2015.

    ResponderEliminar
  4. Desire Maceira Vazquez

    Somos conscientes de hay mucha gente como nosotros,que quiere ayudar al mundo, pero poder verla y escucharla,hace que estamos todavia mas convencidos de que esto puede salir adelante.

    Miguel Rodriguez y J.Luis Pastoriza,son unas de esas personas que escuchamos y vimos el pasado 15 de abril,dos personas que intentan que este mundo sea mas justo, podremos seguir adelante ellos dos y todos los que queramos ayudar a este mundo que quizas no sea lo demasiado bueno para alguna gente.

    ResponderEliminar
  5. José Alejandro Rodríguez Acción2 de mayo de 2011, 10:36

    O día 15 de abril viñeron os representantes de Entreculturas e da CME falarnos da campaña deste ano da SAME, que se centrará na escolarizacion das nenas, xa que hai unha maior porcentaxe de nenas sen escolarizar ca de nenos porque seus pais as obrigan a traballar na casa.As ong están construindo escolas e concienciando os pais para cambiar esta situación, pero ainda queda moito traballo e tamén que a xente se conciencie desta situación e colabore coa campaña.O mesmo dia tamén celebramos o rastro solidario, no que se recaudaron case 1000 euros, e que irán destinados á construcción dunha nova escola na india.

    ResponderEliminar
  6. Lucía Otero e Lucía Bouzón3 de mayo de 2011, 11:59

    -SAME 2011
    A SAME é a semana mundial pola educación.
    O pasado venres día 15 de abril visitáronnos uns rapaces para falarnos e informarnos sobre a SAME.
    Tamén nos falaron unas nenas do noso colexio porque foron a Madrid o congreso dos deputados expoñer o noso proxecto de Monfero Solidario e concienciar aos políticos sobre os problemas sociais.
    Logo fixeron unha rolda de prensa na que remarcaron o que lles pediron ós políticos sobre os problemas que sofren os que máis o necesitan.

    ResponderEliminar
  7. alba grueiro e bibiana blanco3 de mayo de 2011, 11:59

    duas persoas explicaronnos o que é a same dixeronnos que era o dereito mundial pola educación,millons de persoas mobilizanse en todo o mundo para lograr o aceso a unha educación de calidade para todos e todas que sea unha realidade.duas compañeiras do colexo saíron a explicar a sua experiencia en Madrid todo o que lle pediron ao conselleiro,que mellorara a educación no mundo ,dixeronnos que o pasaran moi ben.

    ResponderEliminar
  8. Óscar Vidal,Diego,Óscar Pérez
    SAME 2011
    O VENRRES ANTES DE SEMANA SANTA VIÑERON A NOSA ESCOLA UNS RAPACES DA O.N.G. ENTRECULTURAS PARA INFORMARNOS SOBRE A SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACCIÓN .ESE DÍA UNHAS RAPAZAS DO NOSO COLEXIO DÉRONOS UNHA CHARLA SOBRE O SEU VIAXE A MADRID.
    NA SUA VIAXE FORON A DISCUTIR COS POLÍTICOS SOBRE A MELLORA DA EDUCACCIÓN NOUTROS PAÍSES SUBDESARROLLADOS.

    ResponderEliminar
  9. Rocío Díaz Castriillón

    Viñéronnos dar unha charla sobre a S.A.M.E contaronnos todos os seus propósitos e podemos ver imaxes e grabacións de cando dúas das nosas compañeiras viaxaron a Madrid para falarlles a os políticos para convence-los de que hai que mellorar a educación e que todos os rapaces e rapazas teñan unha ensinanza correcta, tamen lles falaron sobre a igualdade e pedironlles que escoitasen o que lles pedían. Todos esperamos que asi fose
    Este día foi un día moi divertido grazas a todos os talleres e actividades que fixemos e que os profesores nós organizaron para o último día antes das vacancións de Semana Santa.

    ResponderEliminar
  10. Jennifer: eu nesta charla non estiven pero contáronme as miñas compañeiras que puxeron diapositivas e despois deron unha charla dúas compañeiras sobre o viaxe que fixeron a Madrid, que foron Anaís e Luz Mery.
    Carla: estiveron contándonos con diapositivas cousas sobre a súa fundación. Foi un pouco aburrido. Estaban tamén outras persoas de Entreculturas. Foi moi interesante e dérona xunto

    ResponderEliminar
  11. Elisa, Natalia e Miriam3 de mayo de 2011, 12:10

    O pasado 15 de abril, os encargados da Educación sen Fronteiras, visitáronnos á escola para falar connosco.
    O lema deste ano A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLO DEREITO DAS NENAS E MULLERES.
    Este ano estamos a intentar facer reaccionar aos líderes de que precisamos dun cambio no tema da educación. Isto para lembrar que as mulleres a pesar de ter as mesmas oportunidades, non se lles da tanta importancia nin exixencia na hora dos estudos e dunha boa formación.

    ResponderEliminar
  12. Same semana de acion mundial pola educacion onde foron a madrid duas nenas do noso colexio representarnos tamen veu anxo moure para contar contos solidarios.
    Adrian Carballeira e Oscar dominguez

    ResponderEliminar
  13. yaiza saijas abeal3 de mayo de 2011, 12:12

    Same 2011: Pexeronnos unas diapositivas e contaronnos algo sobre as diapositivas, e despois unha alumna de 3º chamada Anais e outra de 4º chamada Luz Mery, foron a madrdid a espoñer o traballo do colegio, e contaronnos como foi e como o pasaron. Foro nao congreso dos deputados exponer o traballo do colegio e depois foron tamen a unha rolda de prensa.

    ResponderEliminar
  14. Antonio González López, 2º ESO3 de mayo de 2011, 12:16

    SAME, SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2011
    Antes e despois dos contos de Anxo, o enviado da SAME falounos sobre a educación e concienciounos de que non todos temos as mesmas oportunidades e polo tanto, non todos podemos ir á escola e ser educados para ter un bo traballo o día de mañá. Ensinounos fotos e deunos a coñecer anteriores campañas da organización. Logo Luz Mary e Anaís expuxéronnos as impresións e a súa aventura por Madrid e no Parlamento, o que lle dixeron ó sr. Presidente do goberno e ás outras persoas coas que falaron. Paréceme ben que sexan alumnas do centro quen vaian en representación da escola e do proxecto de Monferosolidario. Ademais, é una boa experiencia para o alumnado e motiva, porque a xente esforzarase máis en colaborar se sabe que pode ir a un lugar como o Congreso dos Diputados e visitar a cidade de Madrid.

    ResponderEliminar
  15. A nos pareceunos unha cousa moi interesante o que nos explicaron ese día na charla que tivemos

    ResponderEliminar
  16. Adrián e Yaiza 1º E.S.O6 de mayo de 2011, 11:10

    O día 15 de abril veu Anxo contarnos contos moi divertidos gustounos moito porque fixo que algúns fixeran o ridículo.
    Tamén viñeron os da SAME e tamén nos gustou moito.

    ResponderEliminar
  17. maria barral y paula castro6 de mayo de 2011, 11:15

    O pasado dia 15 uns rapaces viñeron a falar de que era a SAME, e despois, unhas rapazas do centro nos esplicaron por que foron a Madrid . Estivo moi ben porque nos ensinaron o importante que é estudar e tamén nos ensinaron que hai xente moi pobre e que hai que poñer o noso grao de area. A Madrid foron dúas rapazas que foron Luz Mery y Anais . O pasaron moi ben elas e mais a profesora tiñan idea de ir ver o noso presin dente pero non poido ir , asi que se confor maron co que tiñan . Despois foron a dar voltas por todo Madrid e o pasaron ben pero algo cansadas.

    ResponderEliminar
  18. ALEXANDRA E ROCIO6 de mayo de 2011, 11:21

    O PASADO DÍA 15 DE ABRIL CELEBRAMOS O RASTRO SOLIDARIO NO NOSO COLEXIO. PARA NOS FOI ALGO MOI BONITO,PORQUE HABÌA MOITAS COUSAS QUE SE PODÌAN COMPRAR:XOIAS,XOGUETES PARA NENOS PEQUENOS,ROUPA E MOITAS COUSAS MÁIS.FOI ALGO MOI IMPORTANTE PARA O NOSO COLEXIO.

    ResponderEliminar
  19. IRIA GONZÁLEZ FRAGA:
    Este ano , como todos os anos hai unha semana adicada a educación a “SAME” ( Semana Mundial Pola Educación). Este ano consiste en facer un conto que ten como tema ,como xa dixen antes , a educación , neste conto debes contar una historia que teña que ver coa educación , como por exemplo; contar a historia dunha nena da India que non pode ir ao colexio , ou dunha avoa dunha aldea de Galicia que por motivos , non puido ir á escola… Estes proxectos son moi importantes xa que promoven a xente para participar e aprender cousas novas.
    O ano pasado esta campaña titulábase “un gol pola educación”(tomouse este tema aproveitando que España gañara o mundial).
    É moi importante dedicarlle unha semana a educación ,porque hai moita xente que non a puido recibir , pero a esta xente hai que dicirlle que nunca é tarde para aprender e máis se se trata da educación ; xa que a esperanza é o último que se perde…

    ResponderEliminar
  20. O 15 de abril J.Luís Pastoriza e Miguel Rodríguez viñeron a darnos unha pequena charla sobre a Semana de Acción Mundial pola Educación(SAME) eles explicáronnos en que consistía a SAME despois da súa intervención dúas das nosas compañeiras tamén nos contaron o que fixeran en Madrid cando foron en representación de todo o colexio foi moi interesante todo o que nos contaron.

    Tamara Sanjuán Caínzos

    ResponderEliminar
  21. jacqueline lopez perez9 de mayo de 2011, 10:27

    o pasado 15 de abril na nosa escola recibimos a Xose Luis Pastoriza técnico de entreculturas e a Miguel Rodriguez que é tecnico da campaña mundial pola educació en Galicia. Nesta xornada Xose Luis e Miguel deronnos unha charla sobre a SAME (semana mundial pola educación) logo disto as nosas queridas compañeiras Anais e Luz Mery explicaronos a sua experiencia en madrid para expoñer no parlamento facer unhas peticións ao goberno sobre a educación nos paises subdesarrollados.
    Esta charla resultounos moi intructiva e importante xa que a educación é moi importante para todo o mundo tratese dun pais desarrollado como dun subdesarrollado.

    ResponderEliminar
  22. Vanessa Deibe Pérez
    Este ano, coma todos os anos, celebrase a ``Semana Mundial Pola Educación (SAME) ´´. Este ano o lema desta campaña é ``A educación non é un conto, polos dereitos das nenas e as mulleres´´. No noso colexio imos participar escribindo contos solidarios.
    Con motivo disto, dúas alumnas do noso colexio foron a Madrid a facerlles aos políticos as nosas peticións para axudar a que todos os nenos e nenas teñan os mesmos dereito e igualdade de condicións para ir ao colexio, é mais, non so de ir ao colexio senón de formarse e poder desenvolverse como persoas con estudos e tamén desenvolver as súas capacidades como calquera persoa do mundo desenvolto.
    Eu persoalmente estou moi a favor desta campaña porque no ano no que estamos non debería haber tantos nenos e nenas sen escolarizar, é dicir, sen poder acceder a este dereito básico.

    ResponderEliminar