domingo, 21 de noviembre de 2010

O 20 de Novembro celébrase o Día Universal do Neno desde que así o recomendase aos seus membros a Asemblea Xeral da Nacións unidas en 1954, para que ese día se adicase á fraternidade e a comprensión entre os nenos do mundo enteiro e para que ese día se celebrasen actividades destinadas a promover o benestar de todos os nenos.


Na Cume do Milenio no 2000 establecéronse os 8 obxectivos de desenvolvemento do Milenio que teñen moi presente, como non podía ser doutra maneira, a saúde, a educación dos nenos e a preservación dun medio saudable:
1. Erradicar a pobreza e a fame
2. Lograr o ensino primario universal
3. Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller
4. Reducir a mortalidade infantil
5. Mellorar a saúde materna
6. Combater VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades prevalecentes
7. Garantir a sostibilidade do medio ambiente
8. Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento



O neno debe ser protexido e coidado, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.


Todos os nenos e nenas teñen o mesmo dereito a desenvolver o seu potencial: todos, en todas as situacións, todo o tiempo, en todas partes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario