jueves, 11 de noviembre de 2010

YOLANDA FERRER: A CIDADE DO INFINITO


















O Luns 8 de Novembro de 2010 o alumnado de 1º e 2º da E.S.O., visitamos a exposición fotográfica de Yolanda Ferrer «A cidade do infinito. Viaxe á Fundación Vicente Ferrer» no Centro Cultural Caixanova (A Coruña), acompañadas polas profesoras de Ciencias Sociais, Educación para a Cidadanía e Relixión. O noso centro está moi vinculado á Fundación Vicente Ferrer, dende que recibimos, a través do noso proxecto Monferosolidario o I Premio de Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer. Durante o pasado curso académico estivemos traballando no proxecto School to School, facendo un intercambio entre a nosa escola e unha pequena escola en Konampalli, Anantapur (A India), xestionada pola Fundación.

As imaxes da fotógrafa recollen os proxectos desenvolvidos pola Fundación Vicente Ferrer en beneficio da cidade de Anantapur, unha rexión da India de extrema pobreza (Anantapur, que en Telegu, lingua local deste distrito significa Cidade do Infinito). A exposición asoma como un percorrido pola vida, a organización e a aposta pola educación, a sanidade, e o desenvolvemento no marco desta maltratada rexión da India. Para a fotógrafa coruñesa, o inicio deste traballo sitúase na súa primeira viaxe ata Anantapur con motivo de coñecer á nena que apadriñara.As fotografías compleméntanse con comentarios e reflexións da propia autora, así como con paneis explicativos que inclúen cifras e resultados do traballo que desenvolve a Fundación neste lugar, e que dan ao visitante unha visión global da acción que desenrola a entidade na India.

A Fundación Vicente Ferrer é unha organización non gobernamental para o desenrolo fundada por Vicente Ferrer en 1969 en Anantapur, Andhra Pradesh (India). O obxectivo; sacar da pobreza ao maior número de persoas posibles mediante un desenrolo sostible, é dicir, agricultura de conservación, microcréditos, subministro de auga, asistencia sanitaria e educación universais. Mediante os donativos, na súa maior parte en forma de apadriñamento -contabilizan na actualidade uns 150.000 nenos apadriñados-, emprega a 1.800 persoas, xestiona cinco hospitais, un especializado en enfermos de Sida e máis de mil escolas (entre elas unha para nenos cegos, xordomudos e con Síndrome de Down), ata alcanzar os 2,5 millóns de persoas.

REFLEXIONA:

-A figura de Vicente Ferrer. Biografía e datos importantes
-A Fundación Vicente Ferrer. Cales son os seus campos de acción. Como se xestiona. Datos de interese
-Cal é o motivo que leva a Yolanda Ferrer a visitar Anantapur?
-Recordas algunha reflexión da propia Yolanda Ferrer?
-Podes explicar o significado do título da exposición “Cidade do Infinito”?
-Valoración persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario