martes, 30 de noviembre de 2010
jueves, 25 de noviembre de 2010
I ENCONTRO NACIONAL DE DOCENTES PARA O DESENVOLVEMENTO
O I Encontro de Docentes en Educación para o Desenvolvmento: Creando Redes, celebrarase os días 26, 27 e 28 de novembro en Ávila. Este Encontro está dirixido aos docentes que se presentaron nas dous edicións do Premio Nacional de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer". Combinarase a formación con expazos de intercambio e coñecemento entre os distintos actores da ED no ámbito formal.
Os obxectivos que se perseguen neste encontro son:
-Favorecer un espazo de intercambio e reflexión para a introdución da Educación para o Desenvolvemento baixo a perspectiva da cidadanía global nos centros educativos.
-Presentar e intercambiar recursos e boas prácticas na Educación para o Desenvolvemento
-Formar en contidos procedimentais e actitudinais transversales na Educación para o Desenvolvemento.
Nos seminarios que se van realizar no marco deste encontro asistirán expertos en Educación para o Desenvolvemento, e os obradoiros serán dinamizados polas ONGDs que teñen Convenio de Educación para o Desenvolvemento coa AECID
A Educación para o Desenvolvemento (ED) é un proceso educativo (formal, non formal e informal) constante, encamiñado, a través de coñecementos, actitides e valores, a promover unha cidadanía global xeradora dunha cultura da solidariedade comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, así como coa promoción do desenvolvemento humano sostible.
XERANDO IGUALDADE: XI ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS
domingo, 21 de noviembre de 2010
Na Cume do Milenio no 2000 establecéronse os 8 obxectivos de desenvolvemento do Milenio que teñen moi presente, como non podía ser doutra maneira, a saúde, a educación dos nenos e a preservación dun medio saudable:
1. Erradicar a pobreza e a fame
2. Lograr o ensino primario universal
3. Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller
4. Reducir a mortalidade infantil
5. Mellorar a saúde materna
6. Combater VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades prevalecentes
7. Garantir a sostibilidade do medio ambiente
8. Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento
O neno debe ser protexido e coidado, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respectados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
jueves, 11 de noviembre de 2010
YOLANDA FERRER: A CIDADE DO INFINITO


O Luns 8 de Novembro de 2010 o alumnado de 1º e 2º da E.S.O., visitamos a exposición fotográfica de Yolanda Ferrer «A cidade do infinito. Viaxe á Fundación Vicente Ferrer» no Centro Cultural Caixanova (A Coruña), acompañadas polas profesoras de Ciencias Sociais, Educación para a Cidadanía e Relixión. O noso centro está moi vinculado á Fundación Vicente Ferrer, dende que recibimos, a través do noso proxecto Monferosolidario o I Premio de Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer. Durante o pasado curso académico estivemos traballando no proxecto School to School, facendo un intercambio entre a nosa escola e unha pequena escola en Konampalli, Anantapur (A India), xestionada pola Fundación.
As imaxes da fotógrafa recollen os proxectos desenvolvidos pola Fundación Vicente Ferrer en beneficio da cidade de Anantapur, unha rexión da India de extrema pobreza (Anantapur, que en Telegu, lingua local deste distrito significa Cidade do Infinito). A exposición asoma como un percorrido pola vida, a organización e a aposta pola educación, a sanidade, e o desenvolvemento no marco desta maltratada rexión da India. Para a fotógrafa coruñesa, o inicio deste traballo sitúase na súa primeira viaxe ata Anantapur con motivo de coñecer á nena que apadriñara.As fotografías compleméntanse con comentarios e reflexións da propia autora, así como con paneis explicativos que inclúen cifras e resultados do traballo que desenvolve a Fundación neste lugar, e que dan ao visitante unha visión global da acción que desenrola a entidade na India.
A Fundación Vicente Ferrer é unha organización non gobernamental para o desenrolo fundada por Vicente Ferrer en 1969 en Anantapur, Andhra Pradesh (India). O obxectivo; sacar da pobreza ao maior número de persoas posibles mediante un desenrolo sostible, é dicir, agricultura de conservación, microcréditos, subministro de auga, asistencia sanitaria e educación universais. Mediante os donativos, na súa maior parte en forma de apadriñamento -contabilizan na actualidade uns 150.000 nenos apadriñados-, emprega a 1.800 persoas, xestiona cinco hospitais, un especializado en enfermos de Sida e máis de mil escolas (entre elas unha para nenos cegos, xordomudos e con Síndrome de Down), ata alcanzar os 2,5 millóns de persoas.
REFLEXIONA:
-A figura de Vicente Ferrer. Biografía e datos importantes
-A Fundación Vicente Ferrer. Cales son os seus campos de acción. Como se xestiona. Datos de interese
-Cal é o motivo que leva a Yolanda Ferrer a visitar Anantapur?
-Recordas algunha reflexión da propia Yolanda Ferrer?
-Podes explicar o significado do título da exposición “Cidade do Infinito”?
-Valoración persoal.
jueves, 4 de noviembre de 2010
BOAS VIBRACIÓNS
PARA COMENTAR NA CLASE:
1. Resume a breve historia.
2. Os personaxes que aparecen (Executivo con lentes,señor con lentes,paxaro comendo pan,ancián, neno en bici, persoas nas ventás do edificio).
3. Que quere dicir esta pequena historia?
4. Que lles fai reaccionar ás persoas que están nas ventás?,
5. Que lle fai actuar ao ancián de xeito diferente?
6. Podemos pensar en nós mesmos: que nos fai vibrar na vida?.
7. Somos persoas espectadoras das cousas ou gústanos actuar?
8. Comenta algunha acción que fagas en que deixes de ser espectador do que estaba acontecendo.
9. Pensa nalgún personaxe que na historia deixe de ser espectador para traballar e facer algo polos demais.
10. Gustouche esta historia?