martes, 28 de julio de 2009

VIDEO PARA A REFLEXIÓN

Primeiro Obxectivo do Milenio: Erradicar a fame extrema no mundo.

Preto de 30.000 menores de idade falecen cada día pola pobreza no mundo. 800 millóns de persoas deitanse con fame cada noite e 1.200 millóns viven con menos dun dólar o día. O primeiro Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio e erradicar a pobreza extrema e a fame.
Como complemento a estes datos de abraiante dureza, propóñovos que vexades a curtometraxe Chicken a la Carte (Pollo a la carta), obra de Ferdinand Dimadura, un dos triunfadores do 56º Festival Internacional de Cine de Berlin. Na obra mostra a unha porción esquecida dá sociedade, á xente que vive do lixo dos homes para poder sobrevivir. Está inspirada nesas persoas que nunca deixaron de lado a esperanza e a espiritualidade. Unha obra na que o consumismo, o poder, a dilapidación e a insensatez duns, contrasta ca miseria, a necesidade e as carencias doutros. Son duas caras dá mesma moeda, e a moeda chámase inxustiza.

1 comentario:

  1. VISITA DAS PROFESORAS DE NICARAGUA AO NOSO CENTRO



    Hoxe dúas profesoras de Nicaragua viñeron o noso colegio a dar unha charla das escolas de Nicaragua.
    Chamounos a atención que as aulas son moi pobres e non hai libros.
    Estubo ben e moi interesante.
    De Bernardo Allegue Antonio, Blanco Pena Juan.2º ESO

    ResponderEliminar