O Ministerio de Asuntos Exteriores, a través dá Axencia Española de Cooperación Internacional, acaba de conceder o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento o noso centro, en recoñecemento aos proxectos levados a cabo neste ano académico.
Durante este curso procuramos traballar por unha Educación para o Desenvolvemento multicultural e diversa, que servira para xerar propostas educativas como: aprender a coñecer de xeito crítico diverso e ético, aprender a facer, a ser solidarios e a ser cidadáns conscientes da globalidade das nosas accións. Dende esta formulación intentamos reflexionar e crear propostas , non só para saber “o mal que está o mundo” e permanecer inmóbiles, senón intentando aportar o noso gran de area dende a convicción de que “outro mundo é posible”.
Este premio é un motivo de gran ledicia para todos e é unha realidade grazas ao traballo, implicación e colaboración de toda a comunidade educativa. Por todo iso noraboa.
Este premio é un motivo de gran ledicia para todos e é unha realidade grazas ao traballo, implicación e colaboración de toda a comunidade educativa. Por todo iso noraboa.
En setembro viaxaremos a Antigua (Guatemala) para compartir as nosas experiencias con outros centros educativos e con expertos en educación para o desenvolvemento.
Graciñas a todos e todas e....seguiremos informando.
Proyecto Monfero Solidario
View more presentations from yolick.
Non quero deixar pasar esta importante nova que, a través da páxina de Entreculturas, acabamos de coñecer. Douvos a mais sinceira noraboa. Levo un tempo seguindo o voso blog (fantástico, por certo), e, como consecuencia, tamén o voso traballo. Desexo que este recoñecemento vos dea ánimos renovados de cara ao curso que vén e sexa fonte de enérxicos pulos para continuar na mesma liña. Sen dúbida algunha son os propios rapaces os mais merecedores de seren premiados, pois sen eles nada de todo esto estaríase a facer; e por riba, non tería sentido ningún.
ResponderEliminarReitero os meus parabéns para toda a comunidade educativa de Virxe da Cela e:
¡Adiante!
¡Moita xente pequena,
en moitos lugares pequenos,
facendo cousas pequenas,
cambiará a fece da terra!
¡Somos moitos os que estamos con vós!
Noraboa a toda a comunidade, pero sobre todo as que organizades tódalas actividades e nos arrastrades coa vosa forza. Non deixedes de traballar.
ResponderEliminar