martes, 27 de abril de 2010

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS




O 23 de Abril, Día do Libro, o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir.

A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.



Descrición da actividade:

-Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.)
-O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos na Biblioteca do centro, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria.

lunes, 26 de abril de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN II





               

viernes, 23 de abril de 2010

ENVÍO DO MATERIAL "SCHOOL TO SCHOOL" Á INDIA

Co envío do material realizado no noso centro durante o presente curso académico 2009-2010 á delegación da Fundación Vicente Ferrer, damos por finalizada a nosa acción dentro do Proxecto "School to School". Neste paquete enviamos todo o material gráfico e audiovisual elaborado durante os dous primeiros trimestres no noso centro. Como fase final, estamos á espera de recibir a contrapartida do centro adxudicado na India, Konapali School (Anantapur).

Material enviado:
•Mapa xeral situando España e a India no mundo.
•Mapa específico situando Monfero en Galicia, e Galicia en España.
•Dossier en papel: presentación de Monferosolidario, e memoria de actividades desenvolvidas dentro do proxecto “School to School” durante o curso académico 2009-2010.
•Dous dvds coa presentación audiovisual de Monferosolidario, e memoria de actividades desenvolvidas dentro do proxecto “School to School” durante o curso académico 2009-2010.
•Dossier gráfico sobre os libros da exposición “A India”.
•Libro realizado polo alumnado de Educación Infantil.
•Fotografías e presentacións realizadas polo alumnado de Educación Infantil e 2º da E.S.O.
•Obxecto elexido polo centro: figura da Torre de Hércules.
•Explicación sobre a Torre de Hércules.







martes, 20 de abril de 2010

PARTICIPAMOS NA SAME 2010

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2010 ponse en marcha no marco da campaña 1 GOL pola educación, promovida pola CME e avalada pola FIFA.

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO asinaron o seu compromiso para lograr unha Educación para Todos e Todas en 2015. Visitamos a páxina web (http://www.1gol.org/), para coñecer cómo a educación cambia a vida das persoas, consultar as noticias da campaña e visitar as actividades que se están a realizar noutras partes do mundo. Eleximos o campo de fútbol do noso cole para facer un xesto por un gol pola educación, que quedou inmortalizado nas seguintes instantánteas.










martes, 13 de abril de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN I

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) de 2010 pon en marcha no marco da campaña 1 GOL pola educación, promovida pola Campaña Mundial pola Educación xunto coa FIFA. A Copa do Mundo de Fútbol que se celebrará en Sudáfrica en xuño de 2010 é unha oportunidade única para cHegar a millóns de persoas e invitalos a que lle pidan aos líderes da comunidade internacional que lle dean prioridade á educación nas súas axendas

Dende a nosa escola queremos apoiar esta iniciativa, e os nosos/as alumnos/as farás as súas propias propostas a través de debuxos e lemas, que serán expostos nun enorme panel á entrada do edificio de secundaria. Nós tamén queremos marcar un GOOOOL...



Albita e Magdalena


Yaiza e Marta

Enfrascados na tarefa

martes, 23 de marzo de 2010

UN PACTO DE AMOR




Un pacto de amor: a miña vida xunto a Vicente Ferrer. Unha historia real, que nos axuda a aproximarnos á interesante vida dun dos homes máis relevantes do noso século. A directora de Programas da Fundación Vicente Ferrer na India, e muller do fundador desta ONG relata a súa vida en Anantapur. Un libro inédito que constitúe a testemuña de 40 anos de compromiso coas comunidades máis discriminadas da rexión e con Vicente Ferrer.

O alumnado de 2º da E.S.O. traballará durante todo o 3º trimestre esta lectura obrigada, dentro da materia de Lengua Castelá, e reflexionarán sobre os contidos da mesma na materia de Educación para a Cidadanía.






lunes, 22 de marzo de 2010

INTERCAMBIO EPISTOLAR: PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL









Enmarcada dentro do proxecto "School to School" que estamos a realizar coa escola Konanpalli, no distrito de Anantapur (India) a través da Fundación Vicente Ferrer, esta actividade consiste na realización de presentacións dos alumnos/alumnas, con fotografía e texto. Os traballos realizados están expostos na biblioteca escolar, e a finais de Marzo serán enviados á escola da India, xunto con outros materiais elaborados durante o presente curso.





II PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN PARA EL DESARROLLO

Animamos a todos os centros educativos a presentarse na II edición do Premio Nacional de Educación para el Desarrollo “Vicente Ferrer”. O noso proxecto foi galardonada na I edición do premio, e tras este recoñecemento á nosa labor, toda a nosa comunidade educativa está máis implicada e motivada, ademáis de ter a oportunidade de difundir os nosos ideais máis aló das paredes da nosa escola.

O Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, a través da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) e o Ministerio de Educación, publica as bases desta convocatoria, dirixida a centros docentes, públicos e concertados, e nos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria, Educación de Persoas Adultas, Formación Profesional e Bacherelato.

Ao premio poden presentarse, ata o 18 de maio, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas realizadas durante o curso académico 2009-2010 orientados a sensibilizar, concienciar e desenvolver un espírito crítico, respecto ao desenvolvemento global, á loita contra a pobreza e á promoción dun desenvolvemento saudable da infancia e mocidade.



martes, 16 de marzo de 2010

ARDE MISSISSIPPI


Sinopse


No "Verán da Liberdade" de 1964, Michael, Andrew e James chegaron a Mississippi como voluntarios dun grupo defensor dos dereitos civís que educaba e rexistraba electoralmente aos afroamericanos. Pero o Ku Klux Klan asasinounos e escondeu os seus corpos.

Baseada nestes feitos reais, a película retrata un dos episodios máis terribles da historia de Estados Unidos, pero céntrase nas investigacións dos dous axentes que o FBI envía a pechar o caso, Ward e Anderson.

Nun contorno que lles considera hostís e coas autoridades locais dificultando o traballo, ambos farán chocar os seus métodos e as súas personalidades desde o primeiro momento. E a situación e os conflitos co KKK van a peor segundo Ward vai enchendo o pobo de máis axentes procedentes de Washington.

O director Alan Parker recibiu moitas críticas polas licenzas artísticas que utilizou para facer ficción dun feito que nos seus días xa levantou bochas, pero a película é todo un duelo interpretativo entre Gene Hackman e Willem Dafoe, que ademais levou un Óscar á mellor dirección de fotografía.

sábado, 6 de marzo de 2010

CONCURSO ONCE

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras. Tamén unha experiencia vale máis que mil palabras. Para comprender realmente algo, para afacerse á idea, o mellor e vivilo.
Iso é o que fixeron os/as nosos/as alumnos/as atrevéndose a vivir a discapacidade durante un anaco. Puxéronse na pel dos protagonistas de cinco interesantes relatos.
A ONCE, a través da súa campaña "Superamos barreras cada día" anima aos escolares a traballar coa súa imaxinación e creatividade, deseñando as portadas para una serie de relatos que versan sobre a vida de persoas con discapacidade. Aquí tedes a mostra dos nosos traballos e da exposición que fixemos na Biblioteca Escolar.

Xosé Manuel e Pedro, encargados da Biblioteca, colocan os paneis da exposición.

Relato e ilustracións

Relato e ilustracións


                                   
               

viernes, 5 de marzo de 2010

CRÓNICA DO II ENCONTRO GLOBAL DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Ola a tod@s. Xa estamos de volta de esta fin de semana tan intensa que pasamos en Guadarrama. Nesta Asamblea na que o lema era “Conecto e cambio”, 150 xóvenes de tódalas redes de España así coma 70 docentes e 30 voluntarios tivemos a oportunidade de “conectar”, compartir e convivir con outros moz@s e docentes comprometidos co cambio. Voltamos cargados de aprendizaxes e vivencias, de propósitos e ilusións, de imaxes e sons, e de enerxía renovada para seguir traballando por un mundo máis xusto e mellor.

Aquí vos deixamos unha reportase do que foron estes días.







jueves, 25 de febrero de 2010

II ENCONTRO GLOBAL DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE DE ENTRECULTURAS

Co lema "Conecto e Cambio" Entreculturas propón un II Encontro da Rede Solidaria da Mocidade, que terá lugar en Guadarrama (Madrid) os días 26, 27 e 28 de Febreiro de 2010. O noso centro participará neste encontro, representado polas dúas profesoras responsables do proxecto Monferosolidario e por dúas alumnas de 3º e 4º da E.S.O. Teremos a oportunidade de "conectar", e convivir con outros mozos e docentes comprometidos co "cambio", e esperamos vir cargados de aprendizaxes e vivencias para transmitir ao resto da nosa comunidade educativa. O Sábado 27 participaremos no panel de experiencias "Educando para el desarrollo", na que presentaremos a experiencia do noso traballo Monferosolidario, galardonado no I Premio de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer".

Programa
View more documents from yolick.

domingo, 7 de febrero de 2010

O NOSO COLE NA PRENSA

DIARIO DE FERROL
Domingo 7 de Febrero de 2010

MONFERO

School to School de Vicente Ferrer une planes educativos de Monfero y la India

P.C.C: Ferrol

Matemáticas, Lengua o Literatura son algunas de las asignaturas regladas más comunes y las que suelen traer de cabeza a más de un estudiante.

A la espera de futuros resultados académicos, los que ya han demostrado ser números uno en solidaridad son los alumnos del colegio Virxen da Cela de Monfero.

Si el año pasado, el centro recibió el premio nacional de Cooperación de la Fundación Vicente Ferrer, hace unos días llegó la confirmación al centro de la adjudicación, por parte de la citada fundación, de una escuela de la India con la que poder intercambiar desde experiencias académicas hasta gestos solidarios. Se trata del centro rural de Kanampalli, situado en la población de Atmakur y en el que se imparten educación Primaria y Secundaria.                          

Teresa Losada, profesora de Sociales en el Virxe da Cela de Monfero explicó que el movimiento solidario entre el alumnado (250 niños de 3 a 16 años) y el cuadro docente del centro (31 en total) surgió a raíz de una primera toma de contacto con distintas Organizaciones no Gubernamentales y con la participación en el premio Vicente Ferrer, que después trastocaría la realidad diaria del centro con la exposición casi permanente de todo aquello que ayude a conocer mejor la India, sus costumbres y su gente.

Desde entonces, tal y como subrayó la profesora de Sociales, se multiplicaron los actos solidarios y se realizaron cuestaciones, como la más reciente, en la que se consiguieron reunir 1.700 euros para los damnificados por el terremoto de Haití.

Con la adjudicación de la escuela Konampalli, ahora el Virxe da Cela vive en primera persona el proyecto que, denominado School to School, tiene como objetivo interrelacionar dos comunidades educativas, una del primer mundo y otra del tercero, para que tanto una como otra se enriquezcan mutuamente.

Teresa Losada, profesora de Sociales, destacó la participación directa en la iniciativa de sus compañeras de Religión y de Educación para la Ciudadanía y el respaldo unánime de toda la comunidad escolar, incluidos los padres de los alumnos, que no han dudado en sumarse a la campaña aportando desde horas de trabajo hasta material, experiencia y mucho entusiasmo.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Clicar na foto para ver en grande

viernes, 5 de febrero de 2010

O SEÑOR DAS MOSCAS



A raíz dun accidente aéreo, un grupo de nenos ingleses vense abandoados nunha illa deserta e deben loitar por sobrevivir e buscar unha saída. Esta película aborda temas fundamentais da vida humana, como son a necesidade de autoriadade e os valores morais, a natureza da sociedade humana, o perigo do salvaxismo, a relixiosidade ou a culpabilidade.

Ralph, un rapaz carismático e cun gran sentido común, faise en principio co control do grupo. É apoiado por Piggi, un rapaz gordiño, que atopa en Ralph protección e respeto. Jack convertirase en líder, creando outro bando libre de leis e formalidades, e con conductas moito máis déspotas e anárquicas. A convivencia entre os rapaces, ao principio suaves e levadeiras, trocarán nunha loita violenta e desgarradora entre dous bandos, con consecuencias nefastas.