martes, 20 de abril de 2010

PARTICIPAMOS NA SAME 2010

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2010 ponse en marcha no marco da campaña 1 GOL pola educación, promovida pola CME e avalada pola FIFA.

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO asinaron o seu compromiso para lograr unha Educación para Todos e Todas en 2015. Visitamos a páxina web (http://www.1gol.org/), para coñecer cómo a educación cambia a vida das persoas, consultar as noticias da campaña e visitar as actividades que se están a realizar noutras partes do mundo. Eleximos o campo de fútbol do noso cole para facer un xesto por un gol pola educación, que quedou inmortalizado nas seguintes instantánteas.










4 comentarios:

  1. a min gustoume moito o de un gol pola educacion na clase de EPAC

    ResponderEliminar
  2. A min pareceume moy ben o de participar en SAME e tamen en 1 GOL POLA EDUCACIÓN na clase de EDPAC.
    A min pareceume moi ben sacar fotos no campo de futbol todas as catibas xuntas e por separado ainda que os catibos non participaron no das fotos en realidade tamen estaban ali hainda que non sacaran as fotoa porque non querian.
    En realidade teñen bergoña a poñerse diante dunha camara fotografica eso e o que me parece a min.

    ResponderEliminar
  3. que bonito nos quedou todo (coma sempre)
    que traballadores salimos en todas as fotos non sei como fan as mestras porque sempre nos pillan traballando (eso e porque somos a mellor clase de toda a ESO 2º da ESO e a mellor clase do CPI Virxe da Cela.
    gustaronme moito estas fotos e todo o que facemos en EPAC.
    Un saudiño

    ResponderEliminar