martes, 13 de abril de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN I

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) de 2010 pon en marcha no marco da campaña 1 GOL pola educación, promovida pola Campaña Mundial pola Educación xunto coa FIFA. A Copa do Mundo de Fútbol que se celebrará en Sudáfrica en xuño de 2010 é unha oportunidade única para cHegar a millóns de persoas e invitalos a que lle pidan aos líderes da comunidade internacional que lle dean prioridade á educación nas súas axendas

Dende a nosa escola queremos apoiar esta iniciativa, e os nosos/as alumnos/as farás as súas propias propostas a través de debuxos e lemas, que serán expostos nun enorme panel á entrada do edificio de secundaria. Nós tamén queremos marcar un GOOOOL...



Albita e Magdalena


Yaiza e Marta

Enfrascados na tarefa

9 comentarios:

  1. E moi importante porque hai nenos que non teñen nada.
    Adrián e brais

    ResponderEliminar
  2. Lucía Bouzón e Lucía19 de abril de 2010, 16:10

    Estamos colaborando na campaña mundial a favor da educacion.Pensamos que ca pouca axuda que poidamos dar, (como facer unha serie de marcapaxinas solidarios e moito mais) e coa colaboración doutros centros podemos cambiar a forma de vida de moitas persoas sen educación.

    ResponderEliminar
  3. Natalia R. e Bibiana B.19 de abril de 2010, 16:16

    Estamos na semana mundial pola educación. No noso colexio estanse facendo marcapáxinas solidarios tamén fixemos balóns para mandar diñeiro para os países máis necesitados . Un gol pola educación, donde alumnos do noso colexio van ir ata madrid para pedirlle ao presidente que alguns dos cartos os adique a educacion dos paises mais pobres, todos os nenos temos dereito a unha educación.

    ResponderEliminar
  4. No meu colexio estamos facendo un marcapáxinas e tamén un dibuxo dun balón de papel para que todos os nenos teñan unha educación como as nosas.
    Animadevos para que teñan todos os nenos de todos os países.
    UN GOL POLA EDUCACIÓN SOAMENTE UN .

    ResponderEliminar
  5. Na nosa escola estanse a facer moitas cousas: marcapáxinas, balóns para os murales. No noso centro apoiamos toda esta campaña. Tres rapazas do noso centro van a ir a Madrid representándonos, para pedir a favor da educación para todos.
    Este ano o mundial é en Sudafrica e van sacar un cartel con moitas firmas, a campaña apoyana alguns xogadores coma Casillas etc.

    ResponderEliminar
  6. angel dos reis e javier bouzon19 de abril de 2010, 16:19

    Estamos a colaborar nunha canpaña para que se poida dar a educacion a xente mais necesitada,con pouca axuda que poidamos dar xa estamos a colaborar

    ResponderEliminar
  7. Elisa , Miriam e María19 de abril de 2010, 16:20

    Os alumnos do C.P.I. Virxe da Cela decidimos elaborar uns marcapáxinas solidarios decorados co motivo da Semana Mundial de Acción pola Educación.
    Nós pensamos que non deberían ser só unha semana ,senón que debería ser sempre e coa axuda de todo o mundo.
    Tamén participamos na campaña 1 Gol pola Educación coa intención de axudar a todos os nenos e nenas que non teñen a oportunidade de recibir unha educación vital nun centro educativo e formarse coma nós.
    Agradecemos a todas as persoas que nos axudan nestas campañas sabendo que vamos a axudar a moitas persoas que o necesitan de verdade.
    Grazas as boas accións co motivo de axudar as persoas , o noso colexio quedou coma un dos candidatos para falar con grandes políticos para poder axudar á educación mundial.

    UN GOL POLA EDUCACIÓN!!!

    ResponderEliminar
  8. Mis tijeras!!(3ª foto) Como trabajamos

    ResponderEliminar
  9. A min o de axudar as personas que non teñen nada faime sentir mellor persona asique encantame axudarlles.

    ResponderEliminar