Un pacto de amor: a miña vida xunto a Vicente Ferrer. Unha historia real, que nos axuda a aproximarnos á interesante vida dun dos homes máis relevantes do noso século. A directora de Programas da Fundación Vicente Ferrer na India, e muller do fundador desta ONG relata a súa vida en Anantapur. Un libro inédito que constitúe a testemuña de 40 anos de compromiso coas comunidades máis discriminadas da rexión e con Vicente Ferrer.
O alumnado de 2º da E.S.O. traballará durante todo o 3º trimestre esta lectura obrigada, dentro da materia de Lengua Castelá, e reflexionarán sobre os contidos da mesma na materia de Educación para a Cidadanía.
A Fundacion Vicente Ferrer traballa na India e o seu proposito e conseguir que todas as persoas teñan algo que comer, e non so iso se non que tamen queren que se fomente a educacion e que todos os rapaces/as poidan asistir a escola e ter uns estudos.
ResponderEliminarHai moitas persoas que colaboran coa fundacion ou ben doando diñeiro ou doando alimentos, pero non so se pode axudar asi se non que tamen se poden apadriñar nenos e acudir xunta deles.
Espero que esta fundacion chegue moi lonxe e cumpra os seus propositos.
Marta Vidal Martinez