martes, 16 de marzo de 2010

ARDE MISSISSIPPI


Sinopse


No "Verán da Liberdade" de 1964, Michael, Andrew e James chegaron a Mississippi como voluntarios dun grupo defensor dos dereitos civís que educaba e rexistraba electoralmente aos afroamericanos. Pero o Ku Klux Klan asasinounos e escondeu os seus corpos.

Baseada nestes feitos reais, a película retrata un dos episodios máis terribles da historia de Estados Unidos, pero céntrase nas investigacións dos dous axentes que o FBI envía a pechar o caso, Ward e Anderson.

Nun contorno que lles considera hostís e coas autoridades locais dificultando o traballo, ambos farán chocar os seus métodos e as súas personalidades desde o primeiro momento. E a situación e os conflitos co KKK van a peor segundo Ward vai enchendo o pobo de máis axentes procedentes de Washington.

O director Alan Parker recibiu moitas críticas polas licenzas artísticas que utilizou para facer ficción dun feito que nos seus días xa levantou bochas, pero a película é todo un duelo interpretativo entre Gene Hackman e Willem Dafoe, que ademais levou un Óscar á mellor dirección de fotografía.

2 comentarios:

  1. Para min esta película significou moito xa que sentinme impotente en todo momento porque non soporto ver que unha persoa lle pegue a outra e sobre todo moitos contra poucos e que a xente sexa racista. Todos temos que aprender ou debemos de saber que a xente ten os mesmos dereitos e que por ser blanco ou negro ou rosa imos ser iguais.En definitiva gustoume pero é unha película moi forte e moi triste.

    ResponderEliminar
  2. Extraordinaria película,la he visto varias veces,y en cada ocasión me reafirmo en que tiene mucha vigencia en nuestros tiempos.

    ResponderEliminar