lunes, 10 de marzo de 2025

HISTORIAS DE VIDA DE MULLERES VINCULADAS AO SECTOR PRIMARIO



 Luns 10 de marzo de 2025. De 15:35 a 16:25. “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia"

Visita de Laura Gómez Vales para presentar a actividade. 

Sector lácteo-gandeiro, sector apícola.

 Unidade Didáctica que estamos elaborando coas compañeiras de educación rural, Outonía, baixo o título: Mulleres de mar e terra ante o cambio climático. Dentro dela, contémplase a realización de entrevistas por parte do alumnado de Secundaria a mulleres dedicadas ao sector primario poida presentar a actividade e dar as indicacións precisas. A idea é que sexan eles e elas as protagonistas, que poidan entrevistar a mulleres dos seus entornos e que reflexionen sobre o poder do sector primario para frear ou revertir a emerxencia climática.

O produto esperable é obter unha publicación, baixo o título: “Mulleres que transforman o mundo. Historias de activistas polo clima en Galicia" na que se recopilen estas historias.









jueves, 6 de marzo de 2025

Soberania alimentaria: educación ecosostible

Participamos no programa do CEIDA en colaboración coa Deputación da Coruña para unha transición ecolóxica sostible.

Con esta actividade quixemos dar a coñecer a agricultura e gandaría social, sostible e de proximidade, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sa, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademais, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e economicamente viable.


A mesma, consta de dúas partes:

1ª Actividade no centro educativo sobre a soberanía alimentaria onde se expón de maneira sinxela e amena o concepto de soberanía alimentaria, os principais problemas ambientais polos nosos hábitos de alimentación e consumo actuais, a importancia dunha agricultura e gandeira ecolóxicas e sostibles, e a forma que temos entre todos de mudar os nosos hábitos diarios de consumo para axudar a mitigar este problema.


2ª Visita guiada a un produtor asociado á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou dos Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia da Coruña, neste caso a Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar).




Desta forma, vimos como a realidade do rural de hoxe en día e posible se somos quen de aproveitar as nosas potencialidades formando parte dunha sociedade crítica e responsable cun futuro sostible.

viernes, 28 de febrero de 2025

MATERIAIS PARA A KONAMPALLI SCHOOL (A INDIA)

Un ano máis chegamos a cumprir o noso obxectivo, elaborar materiais para enviar a unha escola da India, a través dun proxecto de intercambio cultural e tradicións promovido pola Fundación Vicente Ferrer. School to School é o nome do proxecto, no cal levamos xa máis dunha década formando parte. Tanto alumnado como profesorado dalgúns cursos de educación primaria e secundaria estiveron traballando durante semanas, recollendo información sobre a nosa cultura e as nosas tradicións, deseñando carteis, debuxando e redactando textos en inglés. Esperemos que todo este esforzo serva non so para amosar aos nenos e nenas da Konampalli School (India) a nosa realidade, senón tamén para valorar todo o que temos, que é dunha grande riqueza, tanto material como inmaterial.  



viernes, 21 de febrero de 2025

SEGUNDA FORMACIÓN PARA O ALUMNADO REDE COMPÁS

 Venres 21 de febreiro 2025. UUMM

Este pasado venres, 28 de febreiro de 2025, María Lobo impartiunos a segunda charla sobre o proxecto da Rede Compás. Este proxecto trata sobre visibilizar á xente do rural galego que non ten un papel importante nas decisións que se toman dende á Xunta de Galicia, dende o Goberno central de España, en Madrid, ou mesmo dende Bruxelas, en Bélxica. A este obradoiro apuntámonos a mitade da ESO, xa que estamos 20 alumnos e alumnas implicados neste proxecto. Paréceme moi bo resultado xa que normalmente a estas actividades non se apunta tanta xente e prefiren emplear ese empo para outras cousas. No obradoiro debatimos e falamos sobre os temas do primeiro obradorio. Ademáis veu un chico que non me lembro do seu nome a sacarnos fotos mentres facíamos o obradoiro que tamén pertence ao proxecto. Así que este obradoiro gústame moito porque podemos levar os nosos pensamentos ata o mesmiño Parlamento da Unión Europea de Bruxelas! MG 3º ESO.









 

jueves, 20 de febrero de 2025

COMISIÓN MIXTA DE SEGUEMENTO EDUCATION4THEPLANET

 Xoves 20 febreiro 2025. no marco do proxecto de Educación Ambiental que estamos implementando con toda a vosa axuda, Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a acción polo clima. para convocarvos a unha reunión, chamada Comisión Mixta de Seguimento,  xoves día 20 de febreiro en horario de tarde (17h). Laura Gómez Vales (Fundación Ayuda en Acción), Outonía, avaliación externa. 

Balance das actividades realizadas no 2024: Obradoiros do Mural do Clima e Produción Rexenerativa (ganadería, pesca e agricultura) vinculada ao ODS 13 (Acción polo clima); Visitas a explotacións ecolóxicas, realización das Enquisas CAP (Coñecementos, Actitudes e Prácticas), Obradoiro de Moda sostible (UDC), elaboración dunha Unidade Pedagóxica e Liña de Base do Proxecto

Previsión das actividades no 2025 e comentarios sobre as mesmas:Entrevistas a realizar polo alumnado a mulleres cun papel protagónico no combate contra o cambio climático a partir do sector primario (gandería, pesca, agricultura, apicultura). Xornadas de recolla de residuos co alumnado de Secundaria baixo un concurso de orixe xaponesa (spogomi) para a motivación dos e das participantes. Obradoiros de ARTIVISMO coas compañeiras de ATALAIAS co alumnado de Secundaria. Os obxectos/artigos creados servirán para crear unha exposición pública nas instalacións dos centros como evento de incidencia política.

Presentación breve da Unidade Pedagóxica que se está creando para levar aos centros de Secundaria. Outonía.

Presentación de Dámaris Otero, que se encargará de realizar a avaliación externa final do proxecto. Para este efecto, terá que realizar algunhas técnicas de recolla de información (entrevistas ao profesorado sobre o decorrer da intervención, observación participante, etc).





jueves, 13 de febrero de 2025

Formación: Achegamento á metodoloxía de investigación no ámbito educativo

Este curso participamos desta actividade formativa do CAFI (S2406276 - Achegamento á metodoloxía de investigación no ámbito educativo)explicando como a actividade investigadora fortalece os procesos educativos dos centros escolares.

Nela vimos como temos que repensar a investigación educativa para entendela como un diálogo desaberes que democratice o coñecemento e recoñeza a calquera profesional da educación como suxeito activo na produción investigadora, cientifica e pedagóxica.

Moitísimas grazas por contar co noso centro educativo!!!

Camino_Pereiro_Investigacion.pdf de Maria del Camino

CURSO EN LIÑA CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

Desde a Campaña Mundial pola Educación (CME) Galicia, convídannos a sumarnos a este curso deseñado para: Curso en liña de : “Guía de Formación de Activistas Xuvenís polo Dereito á Educación” dentro do proxecto da Campaña Mundial pola Educación 2025 Galicia. Toda unha experiencia de aprendizaxe coa que adquirimos as competencias para:

✔️ Dotarse de ferramentas pedagóxicas e recursos innovadores. 

✔️ Fortalecer a túa capacidade para fomentar o activismo xuvenil. 

✔️ Inspirar as mozas e mozos a defender o seu dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade. 




miércoles, 12 de febrero de 2025

Patios dinámicos: formación do profesorado

Imaxe da actividade formativa.

O grupo de docentes que conforman o itinerario de «TEA: recurso para a inclusión e a convivencia» participaron nunha formación no CFR de Ferrol no marco do PFPP do centro acerca dos patios dinámicos.

A formadora, Gey Lagar falounos da importancia que teñen os patios e parques dinámicos como ferramenta de inclusión social, facilitando a participación de todo o alumnado nos tempos de lecer.

Despois de todo o aprendido, só nos queda poñelo en marcha!

Imaxe da actividade formativa.




lunes, 10 de febrero de 2025

Movémonos cos maiores

Fai uns días visitáronnos as maiores do centro de día do Xestal para facer con nós unha sesión de ximnasia xerontolóxica. Foi un pracer aprender con vós!








martes, 4 de febrero de 2025

AHORA MÁS QUE NUNCA, CIUDADANÍA GLOBAL

A directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e unha docente deste centro educativo participarán no evento  “Ahora más que nunca, ciudadanía global. De la teoría a la práctica: cómo implementar la Educación para la Ciudadanía Global y el Desarrollo Sostenible en la educación formal”, que terá lugar o xoves 6 de febrero de 2025, de 09:30h a 14:30h no .Impact Hub Madrid 

Este evento está organizado polo Movimiento 4.7 e conta coa colaboración de Cooperación Española. A través dunha mesa para o diálogo, de dinámicas de grupos e dun plenario, abordarase o reto de establecer liñas para unha implementación efectiva da Cidadanía Global e do Desenvolvemento Sostible nos espazos de educación formal. 



Agenda Evento Movimiento 4.7 by veracruces









Conclusiones de La Mesa Dia... by veracruces

<

Sintesis y Conclusiones de ... by veracruces

Nota de prensa recollida na web do Ayuntamiento de Madrid:



miércoles, 29 de enero de 2025

XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO 2025: ENKI

Están dirixidas aos estudantes de 5º e 6º de primaria dos centros educativos galegos e compóñense de dúas actividades: unha charla con deportistas con diversidade funcional e un evento para coñecer o deporte adaptado e inclusivo.

Hoxe contamos no centro cunha espectacular  charla con deportistas con diversidade funcional. Este diálogo compartido supuxo un achegamento  previo ao encontro provincial, no que varios deportistas compartiron a súa traxectoria e conversaron co alumnado, resolvendo todas as preguntas que lles xurdiron.

O encontro provincial será o próximo 17 de marzo. O mesmo, é un evento reúnense os colexios da provincia participantes na iniciativa e son onde alumnado proba distintos deportes e material deportivo adaptado, rotando por diferentes estacións deportivas dirixidas por entidades deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e o equipo ENKI

Cartel das xornada ENKI de deporte adaptado.



viernes, 24 de enero de 2025

PRIMEIRA FORMACIÓN PARA ALUMNADO REDE COMPÁS

 Venres 24 xaneiro 2025


 






Un total de 17 alumnos/as dos diferentes cursos da ESO e dúas docentes do CPI Virxe da Cela están a participar nun interesante proxecto, Red Compás, integrado na convocatoria Erasmus Plus K154, financiado pola Unión Europea coa vontade de aportar xuventude que deseñe e pense modelos alternativos e sostibles para as súas localidades.  A Red Compás ten como obxectivo acompañar á mocidade de cinco localidades galegas para desenvolver unha acción colectiva de carácter social. 

O venres 24 de xaneiro de 2025 tivo lugar a primeira das actividades formativas, impartida por María Lobo de AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), que foi unha primeira toma de contacto para aprender a deseñar estratexas de comunicación e interacturar con institucións locais e medios de comunicación, un proceso de varios meses nos que estes rapaces e rapazas darán visibilidade as súas propostas e buscarán a implicación de líderes comunitarios e políticos nas súas ideas. Nesta primeira xornada formativa amosouse como o pico do iceberg o enorme potencial de esta mocidade que empeza a despuntar, aprendendo que do diálogo respectuoso e da unión como grupo pode canalizarse toda esta enerxía transformadora. 

O venres 24 de xaneiro de 2025 tivemos o primeiro obradoiro da Rede Compás. Foi dirixido por María Lobo, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Nel estivemos debatindo sobre que obxetivos da xuventude (propostos pola ONU) críamos máis o menos importantes, para despois elixir un e levalo até o Parlamento Europeo (previsto para o vindeiro curso).  A sesión durou 2 horas e media e para min estivo moi entretida. Gustoume moito a maneira de dirixir de María, xa que en case todo momento mantivo un ambiente amigable e dinámico. Aínda que pasamos moito tempo debatindo sobre cousas que non estaban necesariamente relacionadas co que estabamos a facer, creo que fixemos avances enormes e que na seguinte sesión poderemos afondar máis. Tamén penso que as nosas habilidades de debatir poden mellorar grazas a este proxecto. En conclusión, o obradoiro encantoume, penso que fixen ben en apuntarme, vou seguir no programa e penso que a idea de darlle voz á rapazada é xenial. Marcu Popa (2º ESO).










jueves, 23 de enero de 2025

CENTROS EDUCATIVOS UNIDOS POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Os alumnos do CPI Virxe da Cela (Monfero) e o CPI As Mirandas (Ares)  uníronse nunha fermosa actividade colaborativa para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

Os estudantes mergulláronse na interpretación do  conto  “Un Planeta de Paz” que transmite valores de paz nun mundo no que segue habendo guerras e conflitos pero no que a esperanza da PAZ segue a ser o noso soño.  A mensaxe  de que  a paz constrúese a través da colaboración e o entendemento mutuo reflictese neste conto demostrando que cando traballamos xuntos por un obxectivo común, podemos crear momentos máxicos que perduran no tempo.

Obradoiros sobre accesibilidade e sobre diversidade funcional

En colaboración con EuroEume queremos crear un espazo lúdico de expresión e reflexión sobre a Educación Inclusiva, co fin de sensibilizar aos alumnado da importancia e os beneficios de que todos os nenos e as nenas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais.

Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.

Polo tanto, estas charlas nacen da necesidade de dar a coñecer o termo de accesibilidade e os seus diferentes clasificacións, así como aprender a identificar os elementos da nosa propia contorna que axudan e facilitan a adaptación e accesibilidade dos espazos. O obxectivo principal, é concienciar da importancia de crear espazos onde todas as persoas poidan participar de forma activa e independente na comunidade. 

Unha das cousas que aprendemos nas charlas é que accesibilidade nos beneficia a todas as persoas, con e sen discapacidade. Xa que as vilas e os espazos non están deseñados para todas as diversidades que hai na poboación, entre todos e todas podemos cambiar a mirada e repensar de que maneira contribuír nun mundo máis acorde coa realidade e a diversidade das persoas.

Ao tempo, desde a Asociación Euroeume estase a traballar  na sinalización con pictogramas para actualizar a sinalática coa que contamos no centro. 


Diferentes imaxes dos obradoiros sobre accesibilidade e diversidade funcional realizados no segundo trimestre do curso escolar.