O Xoves 5 novembro 2020 o alumnado de 5º e 6º EP inicia unha formación online sobre o acoso e a violencia de xénero na rede dentro do programa "Piensa, Conéctate" de Cibervoluntarios, e impartida por Genoveva García.
jueves, 5 de noviembre de 2020
martes, 3 de noviembre de 2020
VII PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL PROXECTOS EDUCATIVOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO
O Premio Concepción Arenal 2019: proxectos educativos pola igualdade de xénero ten por obxecto deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.
Poderán participar centros educativos públicos da provincia nas seguintes modalidades:
A) Proxectos educativos en educación infantil
B) Proxectos educativos en educación primaria
C) Proxectos educativos en educación secundaria
Premio: Convócase un premio en metálico de 5.000 euros por cada modalidade.
Información web:
https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero#2020
Bases:
viernes, 23 de octubre de 2020
I PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA GLOBAL
Aberta a 1ª edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
A Coordinadora Galega de ONGD abre a convocatoria da primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global coa vontade de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.
martes, 20 de octubre de 2020
REUNIÓN PROFESORADO ENTRECULTURAS
O pasado luns 19 de outubro de 2020 o profesorado responsable dos grupos galegos da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas mantivemos unha reunión online coa técnico da ONG Entreculturas (Estefanía Franco) para intercambiar impresións e aportar ideas neste inicio de curso 2020-2021.
Etiquetas:
Entreculturas,
Formación en EDCG,
reunión profesorado
viernes, 24 de julio de 2020
DE NENAS E DE LENDAS
Dentro das actividades de conmemoración do 8 de Marzo polo "Día da Muller", o Departamento de Orientación e o de Educación Física de Secundaria en colaboración coa coordinadora da actividade para infantil e primaria, elaboran e propoñen as seguintes actividades, para realizar coa colaboración de todo o profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria.
jueves, 25 de junio de 2020
GRADUACIÓN 4º ESO. CPI VIRXE DA CELA. 2020
A verdade é que cando me puxen a escribir a entrada do blog
e mirei o título,“Graduación 2020”, invadiume unha mestura de tristeza e satisfacción.Tristeza porque non puidemos festexar o
voso acto de graduación como quereriamos, como vos merecedes... A situación que
vivimos por mor desta pandemia obrigounos a deixar de vernos
desde marzo, a deixar de facer moitas actividades que tiñamos programadas e nas
que vós seriades protagonistas, e a cambiar moitos dos nosos hábitos. Pero en todo este contexto, debemos quedarnos coa alegría de pensar que conseguistes
finalizar con meritorio éxito unha etapa que comezou hai 13 anos neste, o voso
cole o Virxe da Cela.
A todos os
profes gustaríanos agradecervos
todo o que nos aportastes durante todos estes anos. En moitos momentos
convertéstesvos en activistas, mestras, contacontos, presentadoras, voces
críticas...fixéstesnos lembrar o importante que é loitar con paixón polo que un
quere, aprender de amizade, de goce, de paixón pola vida e mil cousas máis.
O noso obxectivo non foi simplemente que aprenderades, senón
moito máis que iso. O tempo é ese ben tan prezado que non se pode recuperar, e
esperamos que ese tempo sexa importante para vós, non só pola formación
académica que recibistes, senón tamén
pola humana. Gustaríanos que vos levarades valores, actitudes, gratitude,
xenerosidade, amizade, formas de entender a vida... e que isto vos resulte útil
para o voso futuro.
Agora é o momento de que comecedes unha nova etapa. Non perdades o gusto por aprender, por descubrir,
por investigar, por estar conectadas con todo o que vos rodea. Non hai mellor
forma de estar vencellados aos outros e á vida que esa habilidade que temos desde
nenos de querer saber e saber máis aló.
E bueno... sen dúbida xa vos convertestes en parte das nosas
vidas.
Moitas grazas por formar parte desta comunidade educativa e alá, onde a vida os leve, non vos esquezades nunca das vosas orixes, de quen sodes e de onde vides, sentídevos moi orgullosas porque sodes Monfero Calidade, Galiza Calidade.
Moitas grazas por formar parte desta comunidade educativa e alá, onde a vida os leve, non vos esquezades nunca das vosas orixes, de quen sodes e de onde vides, sentídevos moi orgullosas porque sodes Monfero Calidade, Galiza Calidade.
Para rematar
querémosvos desexar de corazón
toda a sorte do mundo e
recordarvos que sempre teredes
abertas as portas deste, o voso cole.
Con cariño de toda a Comunidade Educativa do CPIP Virxe da Cela
sábado, 13 de junio de 2020
jueves, 11 de junio de 2020
CPIP VIRXE DA CELA NO EDCAMP MALLORCA
Compartimos convosco este vídeo que resume a participación de 9 alumnos do CPIP Virxe da cela no EDCAMP, un proxecto L@bs4Opps a través da Fundación Ayuda en Acción. Esta actividade tivo lugar o 26 de outubro de 2019, e constituiu un lugar de intercambio de experiencias entre mozos e mozas de Baleares, Aragón e Galicia, creando un espazo para o debate aberto sobre tecnoloxía e igualdade de oportunidades. A EdCamp poido realizarse grazas ao apoio da Fundació Jaume Bofill e a Fundación Probitas. Preme na seguinte imaxe para acceder a máis información (nota de prensa).
lunes, 1 de junio de 2020
O VALOR DO ESFORZO DIARIO
Eu escollín esta película porque me parece que nos pode axudar
moito, nesta crise que estamos a pasar do coronavirus a que hai que
facer os deberes e non estar xogando todo o día porque o día da para
todo.
Ademais se ti mesmo non fas os deberes e chos fai outro a inda que ti
leves os logros non vas saber facer nada, e se fas por ti mesmo as
cousas sempre vas aprender algo novo. Manuel Freire Platas (1º ESO)
Etiquetas:
COVID-19,
Manuel Freire Platas,
O valor do esforzo diario
viernes, 29 de mayo de 2020
ENTRECULTURAS: ASAMBLEA FIN DE CURSO FORMATO TELEMÁTICO
Este ano, debido á situación excepcional (Covid-19), o encontro Fin de Curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas tivo lugar de maneira telemática o pasado xoves 14 de xuño de 2020 de 18:00 a 20:00 horas. Contamos coa participación da nosa profe Yolanda e dos alumnos Uxía (1º ESO) e Hugo (3º ESO).
Todos coñecemos algún evento ao que queríamos asistir este ano pero debido ao estado de alarma que co que levamos convivindo xa tres meses non foi posible . Ao que quero chegar con isto é que a Rede Solidaria Mocidade Entreculturas non se detivo ante esta situación e buscou alternativas para poder celebrar a súa Asamblea de Peche de Curso, o que levounos a celebrar a reunión dixitalmente. Algúns dos alumnos do CPI Virxe da Cela participaron no encontro que, ainda de larga duración (dúas horas) facíase levadeiro grazas a que a participacipación era activa. Neste encontro dixital tratamos temas como a incidencia política, no que profundizamos bastante, o estado actual do medio ambiente e da migración e por último a situación de desigualdade que estan a vivir mulleres de todo o planeta. Tamén empregamos a plataforma kahoot, coa que tivemos que responder un quiz con preguntas relacionadas a estos temas. Persoalmente estou satisfecho de haber participado , xa que foi entretenido e adquirín coñecementos de temas moi importantes que non dominaba tanto. Hugo Lucía Romero (3º ESO)
Todos coñecemos algún evento ao que queríamos asistir este ano pero debido ao estado de alarma que co que levamos convivindo xa tres meses non foi posible . Ao que quero chegar con isto é que a Rede Solidaria Mocidade Entreculturas non se detivo ante esta situación e buscou alternativas para poder celebrar a súa Asamblea de Peche de Curso, o que levounos a celebrar a reunión dixitalmente. Algúns dos alumnos do CPI Virxe da Cela participaron no encontro que, ainda de larga duración (dúas horas) facíase levadeiro grazas a que a participacipación era activa. Neste encontro dixital tratamos temas como a incidencia política, no que profundizamos bastante, o estado actual do medio ambiente e da migración e por último a situación de desigualdade que estan a vivir mulleres de todo o planeta. Tamén empregamos a plataforma kahoot, coa que tivemos que responder un quiz con preguntas relacionadas a estos temas. Persoalmente estou satisfecho de haber participado , xa que foi entretenido e adquirín coñecementos de temas moi importantes que non dominaba tanto. Hugo Lucía Romero (3º ESO)
O día 4 de Xuño participei no Encontro
final de Entreculuras. Había rapaces e rapazas de Galicia, Asturias e Latino
América. Este ano foi por videoconferencia xa que por culpa da pandemia non o podeimos
facer como todos os anos. Fixemos un Kahoot sobre a incidencia política,
estivemos falando entre todos, puxéronos en grupos pequenos para debater sobre
as preguntas do Kahoot. Logo volveron a preguntarnos sobre as cuestións tratadas
nos grupos e debater que nos parecía, como foi a nosa posta en común etc.
Eramos 35 persoas en total na vídeo conferencia de Galicia, Asturias e Latino
América. Espero que para o próximo curso
non sexa por videoconferencia e poidamos vernos en persoa con saúde. Uxía Boado (1º ESO)
Etiquetas:
Encontro Fin de Curso 2020,
Entreculturas,
Hugo Lucía Romero
viernes, 22 de mayo de 2020
SITUACIÓN DE EMERXENCIA NOS CAMPOS DE REFUXIADOS
Observa unha imaxe na que aparecen datos e debuxos sobre o coronavirus e os campos de refuxiados. Busca información sobre que é e como está organizado un “campo de refuxiados” e escribe un informe poñéndote na pel dun médico de “Médicos sen Fronteiras” que está a traballar nun campo de refuxiados describindo a situación de emerxencia pola chegada do coronavirus. Contextualiza a túa historia (elixe un campo de refuxiados que exista, indica a súa situación xeográfica, indica o número de refuxiados que viven nel, o motivo polo que hai poboación desplazada neste lugar de acollida, as organizacións de axuda humanitaria que están a traballar, etc).
Etiquetas:
campo de refuxiados,
COVID-19,
Daniel Pena Bonome
viernes, 15 de mayo de 2020
CANDO POIDAMOS VOLVER AO COLE
O Departamento de Orientación do CPI Plirilingüe Virxe da Cela quere saber que pasa polas cabezas do noso alumnado en relación a como elas e eles ven a futura volta ao cole. Non sabemos cando nin como polo que, seguramente, poidamos sacar moitas e moi boas ideas de todos eles.
"Dende que o 13 de marzo confináronnos nos nosos fogares, deixando baleiro o Virxe da Cela, as familias asumiron unha gran responsabilidade ao proporcionar entornos de aprendizaxe que ata o momento realizábamos de forma compartida.
Esta nova situación que nos tocou vivir fai que cando volvamos á escola pode que teñamos que adaptar as nosas formas de relacionarnos e de utilizar os espazos.
Imaxinades ter que falar, xogar, estar na aula,… a unha distancia mínima de dous metros?
Non debemos volver con medo, pero si con precaución; tampouco volver sen afecto, pero si gardando as distancias e cunhas normas mínimas de hixiene básica que xa todos e todas coñecemos." Departamento de Orientación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)