miércoles, 7 de marzo de 2018

CHARLAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN



O mércores 21 de febreiro, viñeron a explicarnos do IES Francisco Aguiar de Betanzos, os diferentes itinerarios que o alumnado de 4º de ESO pode tomar unha vez remate a etapa. O 5 de marzo foron o director do IES As Mariñas e a orientadora quenes explicaron a este mesmo curso a súa oferta educativa. Animar ao alumnado de 4º de ESO a seguir investigando sobre as diferentes opcións para poder tomar unha boa decisión. E lembrade que o prazo para reservar praza no bacharelato vai do 1 ao 20 de marzo. Departamento de Orientación.


EU TAMÉN SON FEMINISTA. OBSERVATORIO DA MARIÑA PARA A IGUALDADE

"Grazas ao Observatorio da Mariña pola Igualdade que nos cedeu xenerosamente o photocall realizado pola artista ribadense Mónica Justo inspirado nas fotos de Maruxa Mallo na praia de Chile, esa muller que aínda que quizais non o fixo de modo planeado, abriu un camiño que outras seguiron. Cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, a unión de moitas mulleres no mundo vai facendo que se consigan pequenas vitorias para todas".








martes, 6 de marzo de 2018

AUDIOVISUAL "ELAS" 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER



Para conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) o alumnado de 1º da ESO quixo destacar o gran papel que xogaron na Historia mulleres como Marie Curie, María Wonenburger, Rosalía de Castro, Safo ou Clara Campoamor. En todas as esferas da vida (a ciencia, as artes, a política) houbo figuras que loitaron pola igualdade en tempos ben difíciles, épocas nas que a muller estaba relegada ao traballo da casa e aos coidados dos fillos; e eran os homes os que tiñan reservado o privilexio de escribir, investigar, teorizar. Moito se avanzou desde entón, de mais temos que seguir loitando e celebrando esta data tan importante.

miércoles, 28 de febrero de 2018

OBRADOIRO "CYBERBULLYING"

O día 27 de febreiro volveu Virginia Aranburu, psicóloga da Fundación Pantallas Amigas, ao CPI Virxe da Cela a seguir informando ao alumnado, esta vez a 5º e 6º de primaria e a 1º de ESO, nun marco de igualdade, dentro do programa do Plan Proxecta, “Por 365 de igualdade e respecto” nos temas de: ciberbulliyng, netiqueta ou normas de comportamento xeral de internet, condutas de risco sobre as que o alumnado debe estar atento (sextorsión, grooming) e privacidade nas redes sociais entre outros aspectos. Xa pola tarde, para que este traballo teña continuidade no fogar, invitamos ás familias a unha charla con Virginia para explicarlles a formación que recibiron os seus fillos e fillas que titulamos “O uso das tecnoloxías na mocidade”




martes, 27 de febrero de 2018

O NOSO CENTRO NAS XORNADAS " CONTRATOS PROGRAMA, UN PLAN PARA CADA CENTRO"

O venres 23 de marzo celebráronse en Santiago as Xornadas “Contratos programa, un plan para cada centro”, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As xornadas, nas que estiveron presentes uns 600 profesores e responsables dos equipos directivos de centros galegos, serviron para divulgar as boas prácticas, identificadas no desenvolvemento dos programas nos diferentes centros, para que poidan servir de modelo de referencia na organización e xestión doutros centros. E alí estivo a nosa directora Camino Pereiro intercambiando a experiencia do noso cole coa de outros centros participantes.


 Nela explicou como implementamos no Virxe da Cela  as distintas modalidades de Contratos Programa coas que contamos e que levamos a termo a través dos distintos proxectos:  
·         Proxectos de coeducación, igualdade, convivencia e voluntariado
·         Proxectos de desenvolvemento endóxeno sustentable
·         Proxectos de mellora da convivencia e das relacións comunitarias
·         Proxectos de compensación das desigualdades
·         Proxectos para unha vida saudable
·         Proxectos de desenvolvemento da competencia STEAM,
·         Proxectos de formación e investigación e mellora da calidade educativa.


 

miércoles, 21 de febrero de 2018

AGUA

"Agua" é o título da película dirixida por Deepa Mehta que o alumnado de 2º da ESO traballará nas materias de Relixión e Valores Éticos dentro do PDI (Proxecto Documental Integrado) "Somos Auga".

 

TAMBIÉN LA LLUVIA

"También la lluvia" é o título dunha película dirixida por Iciar Bollaín que traballaremos este ano con 4º da ESO nas materias de Relixión e Valores Éticos para o Proxecto Documental Integado "Somos Auga".

 

VI ENCONTRO GLOBAL ENTRECULTURAS.





Pois tal como avanza o lema, dous alumn@s (Laura e Zito) e dúas profesoras (Yolanda e Verónica) do CPI Plurilingüe Virxe da Cela aventurámonos ao VI Encontro Global Entreculturas que tivo lugar en Guadarrama (Madrid) os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2018. Foi un encontro con xente nova de 21 nacionalidades diferentes e tamén un reencontro de coñecidos e amigos, xa que na nosa traxectoria de case unha década na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas xa nos consideramos todos/as como parte dunha gran e unida familia.

Foron tres días intensos (contando tanto a longa viaxe en autobús como a estancia no Centro Frai Luís de León) nos que compartimos experiencias con outras persoas que teñen os mesmos soños e inquietudes, tal como descubrimos… “O segredo es ti”. Todos e cada un de nós somos responsables dese cambio tan necesario que hai que provocar para erradicar as desigualdades e inxustizas e construír un  mundo mellor. Neste encontro estiveron moi presentes os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable), eses 17 obxectivos que temos a intención de acadar para o ano 2030, e precisamente como somos optimistas e queremos facer real esa utopía, inmortalizamos ese momento cunha recreación da Noitevella que dará paso ao ano 2030 brindando polo noso éxito. 








martes, 6 de febrero de 2018

CONCURSO 8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


SEGUNDO OBRADOIRO CME (CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN)

       Roi Guitián, membro da ONG AGARESO (reporteiros galegos solidarios) visitou o noso cole o pasado martes 6 de febreiro de 2018 acompañado por Paula Rojas, técnico da ONG EDUCO, para impartir o segundo obradoiro da CME (Campaña Mundial pola Educación, Plan Proxecta). 
        A idea deste obradoiro era reflexionar sobre a importancia dunha educación de calidade para cambiar o mundo, que constitúe o obxectivo nº 4 dos ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible) e realizar unha pequena acción de comunicación transformadora para acadar este obxectivo. Para todo isto o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou diferentes dinámicas e visionou varios spots e campañas publicitarias. 
      Como produto final os rapaces e rapazas, divididos en grupos, elaboraron lemas animados utilizando a aplicación Legend, creando frases tan contundentes como “A educación é a base de todo” ou “E se todo comeza cunha suma” que sintetizan a importancia da educación como ferramenta para cambiar o mundo. Para rematar este proceso participativo e potenciar a súa incidencia, difundiron estes lemas a través de plataformas dixitais (blog, facebook, instagram, etc).