lunes, 27 de octubre de 2025

miércoles, 15 de octubre de 2025

ACTIVIDADE FINAL REDE COMPÁS

Mércores 15 outubro 2025. Roi Quitián, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) visitou hoxe o noso centro para facer a última das actividades integradas dentro do proxecto Rede Compás, que deu inicio en setembro de 2024. Todo o alumnado do CPI Virxe da Cela que de maneira voluntaria decidiu formar parte deste proxecto para a mocidade tivo a oportunidade de analizar todos os obxectivos acadados e de deseñar a maneira de dar continuidade a esta iniciativa, xa que a Rede Compás foi unha semente que pode seguir medrando.

A Rede Compás  intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO. Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).







A8 Difusión, transferencia y sostenibilidad by veracruces

miércoles, 1 de octubre de 2025

PRESENTACIÓN DA EXPERIENCIA EN BRUXELAS DO ALUMNADO REDE COMPÁS

 Despois da viaxe realizada en setembro a Bruxelas, os tres alumnos/as do CPI Virxe da Cela que representaron ao noso centro educativo nesta actividade explicaron o mércores 1 de outubro de 2025  ao resto do alumnado que forma parte da Rede Compás en que consistiu esta experiencia. Poder ser recibidos por persoas vinculadas á política europea no Parlamento de Bruxelas e facerlles chegar as peticións da mocidade galega foi un momento moi importante, algo que estivemos preparando durante todo un curso. Ademais deste compoñente de activismo político e cidadanía responsable, estes tres estudantes tiveron a oportunidade de relacionarse con outros mozos e mozas dos outros catro centros educativos galegos que participan no proxecto. Foi unha experiencia vital, iso foi evidente, por iso agradecemos a AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) ter pensado no noso centro para participar neste proxecto Erasmus+. Aínda que a Rede Compás chega ao seu final, sabemos que está plantada a semente e seguramente todas as aprendizaxes servirán para crear un grupo de asociacionismo xuvenil que atenda ás demandas da xente moza.












ALUMNADO DO CPI VIRXE DA CELA VISITA O PARLAMENTO EUROPEO EN BRUXELAS