miércoles, 15 de noviembre de 2017

VISITA DO ALUMNADO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (UNIVERSIDADE DE VIGO) AO NOSO CENTRO

    O pasado martes 14 de novembro visitaron pola tarde a nosa escola 120 estudantes da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo) acompañados polo seu profesor Dr. Xosé Manuel Cid Fernández. Realizamos unha mesa redonda no comedor do centro na que a directora, Mª Camino Pereiro, presentou a este grupo de futuros mestres e mestras o proxecto educativo de centro. Contamos tamén coa intervención dun reducido grupo de alumnos de 1º da ESO que convidaron a través dunha presentación audiovisual coñecer máis de cerca a nosa filosofía de traballo. Finalmente, diferentes persoas que conformaban a mesa redonda (un pai, unha exalumna e varios profesores) contestaron ás diferentes preguntas lanzadas polo público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario