O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas
do mundo: O Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s
O obxectivo deste día é lembrar á cidadanía que os nenos son
o colectivo máis vulnerable e por tanto o que máis sofre as crises e os
problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito a
educación, á saúde e a protección, independentemente do lugar do mundo no que
nacese.
Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para
facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para
recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas
teñan un futuro mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario