O CPI Virxe da Cela inicia neste curso escolar 2017-2018
un novo proxecto en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia. O
título “ Horizonte
2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora” fai referencia á Axenda 2030, sendo este proxecto unha guía para vixiar o
cumprimento das políticas públicas de loita contra a pobreza.
O pasado sábado 18 de
novembro de 2017 unha docente do CPI Virxe da Cela asistiu á primeira xornada
de formación do proxecto, que tivo lugar en Palas de Rei (ecoaldea Arqueixal),
centrada na cultura participativa. Xunto docentes doutros centros e persoal da ONG (equipo técnico e voluntariado)
realizamos diferentes dinámicas, actividades e reflexións que nos axudarán a dar un salto cualitativo na abordaxe da educación para a cidadanía global,
e comezar a traballar dende a participación
social.
A meta ou “produto” final deste proxecto e deseñar
conxuntamente, docentes e Solidariedade Internacional Galicia, un proxecto de
educación para o desenvolvemento para levar a cabo nos centros no vindeiro curso
escolar 2018/2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario