martes, 23 de febrero de 2016

A VIDA: O MELLOR AGASALLO

Alejandro Montero. 23 feb. Doazón e transplantes.






    Existen profesións que esixen unha grande vocación, entre elas a Medicina. Gran exemplo disto foi a charla que tivo lugar o pasado luns 23 de febreiro de 2016, impartida polo doutor Alejandro Montero Salinas, que traballa no CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) e dirixida ao alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela. 
    Para dar comezo explicou con todo detalle o proceso de reanimación cardiopulmonar, unha acción que calquera de nós podemos ter que levar á práctica nun futuro e pode chegar salvar vidas. Na segunda parte da charla abordou as temáticas da doazón e do transplante, non so desde o punto de vista médico, senón desde o punto de vista humano. Detrás das cifras e dos números existen persoas xenerosas que consideran que un transplante é un beneficio para toda a comunidade. 
  Tal como se reflicte no prólogo do caderno “A Vida, o mellor agasallo”, da Oficina de Coordinación de Transplantes (Servizo Galego de Saúde), “a información é esencial para conseguir unha actitude positiva fronte á doazón de órganos e tecidos, vencer os tabús que a rodean e coñecer os beneficios de dispor unha sociedade solidaria que toma a mellor decisión en momentos difíciles”. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario