Os cambios vertixinosos da sociedade precisan que a escola sexa quen brindar respostas educativas adecuadas a nova realidade. Neste senso o CPI Virxe da Cela de Monfero esta sempre a vangarda, con varios proxectos de innovación educativa que priman o valor dunha educación de calidade enmarcada na colaboración institucional pública e privada, a participación activa da comunidade e a inclusión educativa. Bo exemplo dos mesmos son proxectos como Monferosolidario, Paisaxe e Sustentabilidade ou o programa E-Dixgal de implementación de recursos dixitais para o traballo diario das aulas.
Ditos proxectos forman parte dunha perspectiva global e interdisciplinar das aprendizaxes, que neste curso escolar vaise ver reforzada pola posta en marcha do Proxecto GENIOS, desenvolvido en colaboración coa Fundación Ayuda en Acción e Google.org. A plataforma escollida para o seu desenvolvemento é Scratch, xa que permite, ademais de desenvolver os fundamentos básicos da programación informática, estimular as capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e co traballo por proxectos e cooperativo. Ademais, permitirá ao alumnado reflexionar sobre valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos, o respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción. Nun principio foron dúas sesións á semana durante un cuadrimestre que asentaron as bases dunha nova forma de pensar e relacionarse coa aprendizaxe, tanto do alumnado como do profesorado e impartidas por un profesional do ámbito, neste caso Yon Penas de Jóvenes Inventores.
Dado o éxito da experiencia, ampliámola a través do Club Genios, para trasladar a experiencia ao resto da Comunidade Educativa. Dentro dista iniciativa, hoxe (martes 23 de febreiro de 2016) fomos máis aló: as familias do alumnado acudiron as aulas para aprender con nós este fantástico mundo da programación. O alumnado actuou de docente, levando a cavo un obradoiro cooperativo de creatividade educativa, configurando a escola como unha comunidade de aprendizaxe. A experiencia, aportou complicidade, ilusión e a concepción da escola como un espazo compartido de aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario