Onte día 30 de xaneiro conmemoración do Día da PAZ e a Non Violencia, ás 12 horas, reunímonos, un ano máis, todos para celebralo. Participaron moi activamente todos os alumnos do centro sobre unha idea principal que consistíu na elaboración dun puzzle da Paz. Repartíronse as letras do abecedario dende infantil ata 4º da ESO e cada clase escribíu palabras relacionadas coa letra asignada. Cada unha das partes do puzzle, artísticamente "tuneadas", colocámolas no taboleiro nun acto no que non faltaron reflexións sobre a paz feitas por todos, reparto de pegatinas made in Monfero e ata un rap da paz que pode ata gañar un Granmy.
Ah!, tamén nos días previos os alumnos/as da ESO confeccionaron un fermoso mural que preside a entrada de secundaria.
Aqui vos deixamos unha mostra gráfica de toda a xornada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario