Como xa todos ben sabedes, o CPI Virxe da Cela colabora desde fai varios anos coa Fundación Vicente Ferrer e coa Cociña Económica, a través de diferentes proxectos e campañas desenvolvidas por Monferosolidario. Queremos pois aproveitar o noso blogue para difundir unha interesante iniciativa que terá lugar a finais do mes de marzo na Coruña, o "II Congreso para el Bienestar del Ser". Este congreso realiza sen ánimo de lucro e todos os beneficios serán destinados para a Fundacion Vicente Ferrer e a Cociña Económica da Coruña (na anterior edición recadáronse 3000 euros).
Este evento cotará con 10 conferencias, todas elas dirixidas por profesionais de recoñecido prestixio e que nos falarán de educación, economía, arte, alimentación, etc. No seguinte enlace accederedes á páxina web do congreso, onde aparece toda a información sobre os poñentes e o programa. Animádevos a parcicipar neste evento, que enriquecerá as nosas vidas e conxuntamente aportará unha importante axuda para estas dous institucións tan solidarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario