Pasadas varias semanas desde que fixemos o ingreso á Fundación Entreculturas dos cartos que recadamos á través da venda de obxectos de fieltro do nadal, temos a certeza de que a nosa pequena contribución está a paliar algunas das moitísimas necesidades nas que se están vendo as familias de Filipinas tras o paso do tifón Haiyan. Recibimos unha carta da ONG Entreculturas, fechada en Madrid a 24 de xaneiro de 2014, e que a continuación transcribimos:
Con esta carta
queremos agradecerlles a súa rápida resposta á nosa petición de axuda para
atender ás persoas afectadas polo tifón Haiyan en Filipinas. Moitas grazas polo
seu donativo de 362 euros.
De novo unha traxedia
natural deixa no desamparo ás persoas máis vulnerables. A testemuña que nos
chega da man do xesuítas da zona é desoladora: miles de familias perderon o seu
fogar e non poden acceder a algo tan elemental como auga ou alimentos. Ademais,
moitas infraestructuras foron danadas, o que dificulta considerablemente as
comunicacións co país.
Grazas á súa
colaboración, a Fundación Entreculturas, a través da Compañía de Xesús en
Filipinas, estivo a apoiar a distribución de máis de 12.000 packs de emerxencia
entre as familias afectadas nas illas de Culion, Leyte, Panay, Samar e Coron.
Temén se enviou auga potable, roupa e paneis solares.
Unha ve teñamos dado
resposta ás necesidades máis inmediatas, apoiaremos unha nova fase de
reconstrución de vivendas e de escolas, co fin de que as persoas afectadas por esta
traxedia volvan á normalidade o antes posible.
Agradecéndolles unha
vez máis a súa confianza en Entreculturas, quedamos á súa disposición para
ofrecerlles toda a información adicional que precisen.
Un cordial saúdo.
Agustín Alonso SJ. Director de Entreculturas
No hay comentarios:
Publicar un comentario