Algunha vez parácheste a pensa cántas horas pasas diante dun ordenador? Seguro que máis das que imaxinas. De todos xeitos, estar diante dun ordenador non significa obligatoriamente estar perdendo o tempo, xa que moitas veces podemos utilizar as tecnoloxías como unha ferramenta para o noso coñecemento.
A FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), en colaboración con Google, lanza unha "gymkhana" virtual para promover o bon uso de Internet. Este divertido xogo, vos permitirá aprender a construír a rede dende o respecto a un mesmo e aos demais, e incluso poderedes acceder a un premio se é que quedades entre os dez primeiros participantes que menos tempo tarden en superar as probas propostas e que propoñan un "slogan" creativo sobre o uso responsable das novas tecnoloxías.
Se tes entre 14 e 16 anos, entra xa na páxina en www.conectadoseljuego.com. Tendes ate o 21 de novembro para lanzarvos a este reto!!!
"Conectados" conta ademáis coa participación de Tuenti, que colaborará na difusión, e da actriz e cantante Paula Dalli, quen prestou a súa imaxe para o vídeo promocional do xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario