Despedimos as clases e marchamos de vacacións de Semana Santa facendo unha crónica desta xornada especial adicada á Fundación Vicente Ferrer. Un ano máis, e con este xa van catro, a nosa escola montou un Rastro Solidario coa intención de darlle un novo uso a moitos obxectos que temos na casa a través da súa venda, e destinar os cartos recadados a unha causa humanitaria. Neste ano 2012 realizaremos un segundo ingreso á Fundación Vicente Ferrer, que investirá esta axuda económica nun proxecto de construción dunha escola no distrito de Anantapur. O ano pasado enviamos 1000 euros, e hoxe rematamos esta xornada co seguinte reconto:
Venda de obxectos: 715 euros
Caixa de donativos: 85 euros
Total: 800 euros.
A este total de 800 euros temos que sumarlle 300 euros da venda de flores na campaña de San Valentín. Nos próximos días faremos por tanto o ingreso de 1100 euros na conta da Fundación Vicente Ferrer. Grazas a todos de novo pola vosa colaboración.
Alumnado de 4º de ESO, encargado da caixa no Rastro Solidario
Alumnado de EI e EP visitando o Rastro
Apertura do paquete recibido da escola da India
Alumnado de 4º da ESO imparte a charla sobre a FVF
Antes de nada quero resaltar que o alumnado de primaria e infantil foron os máximos colaabooradores no IV Rastro Solidario que tivo lugar o día 30 de marzo neste centro.Persoalmemte gu8stoume moito repetir esta experiencia.
ResponderEliminarAdemais do rastro,démoslles unha charla aos rapaces/rapazas do centro sobre o entorno no que traballa a Fundación Vicente Ferrer.Os alumnos de 4º estamos moi agradecidos polo admirable comportamento dos rapaces.Pero os de Secundaria non prestaron demasiada atención.
Aínda así,estivo moi ben.
Eu son unha alumna do CPI Virxe da Cela e este comentario e para dar o meu punto de vista respecto ao mercadillo solidario que realizamos o dia 30 de abril de 2012.
ResponderEliminarO certo é que neste acto participou moi pouca xente e os que participaron, eran principalmente de primaria e parbulos, có de participar refirome tanto a levar obxectos aá escola para verndelos oma a compralos.
chega tan lonxe a pouca colaboracion, que incluso se fala de non realizar mais anos o rastro, xa que a intencion que tiñámos era conseguir mil euros para unha escola da India e iso xa está feito.
MARTA VIDAL MARTINEZ 4ºESO
Eu son unha das alumnas de 4ºESO que deu a charla, María.
ResponderEliminarA min, persoalmente, encantoume dar a charla, o atentos que estaban todos os cativos, falarlles e darlles moita máis información acerca dun país que precisa da nosa axuda, de distinta cultura, polo que podemos sentir certa curiosidade e que incluso pensamos en visitar algunha vez. Por suposto,eu tamén aprendín moitísimo, moitas das cousas que dixen, ao principio cando preparabamos a charla, non as coñecía e grazas a iso puiden acadar máis coñecementos.
Os meus compañeiros xa deran outra charla sobre a comida da India o ano pasado. Esta foi a primeira experiencia que tiven dando charlas e, sinceramente, daría todas as que puidera dar.