martes, 13 de marzo de 2012

EMPATÍA E SOLIDARIEDADE COAS PERSOAS DISCAPACITADAS





O pasado luns 12 de marzo de 2012 recibimos a visita de catro técnicos/monitores da Asociación Down A Coruña, que estiveron no noso centro impartindo diferentes charlas e obradoiros ao alumnado da ESO e PCPI, coa finalidade de romper moitos prexuízos e falsas crenzas acerca das persoas con Síndrome de Down, e con isto tratar de fomentar a súa integración na sociedade. Descubrimos que eles e elas non son tan diferentes de nós, tamén soñan con conseguir un traballo, independizarse, e por que non, atopar parella e formar unha familia. A través de diferentes dinámicas puxémonos no seu lugar, entendendo que difícil lles pode resultar realizar algunhas tarefas ben simples, como atar os cordóns dos zapatos ou pechar ou abrir unha cremalleira. Tamén entendimos como sofren a discriminación ou a marxinación cada vez que os tratamos como xente enferma, infantil, e non valoramos as súas capacidades. Visionamos varios videos nos que poidemos comprobar as ilusións e os soños dos rapaces e rapazas con Síndrome de Down que acoden á asociación Down en Coruña, descubrindo que poden acadar éxitos nos estudos, sacar unha carreira, preparar unhas oposición, e disfrutar do ocio e tempo libre bailando como calquer mozo/a.
Estas charlas e obradoiros forman parte dunha campaña de sensibilización que se está levando a cabo no noso centro educativo, xa que no presente curso académico está cursando os estudios na nosa escola un rapaz con síndrome de Down, e o mellor xeito de tratar na igualdade e romper moitos prexuizos e descubrir que todos somos diferentes, e que e diferenza non ten por que ser un motivo de exclusión, senón unha fonte de enriquecemento. Nesta mesma campaña o alumnado da ESO e PCPI visionou a película León e Olvido, e a como proceso final realizarán uns cuestinarios de reflexión.

2 comentarios:

  1. Sandra Fernandez e Lucía Bouzón19 de marzo de 2012, 14:07

    A película Leo y el olvido é moi interesante por que xe fai ver por todo o que teñen que pasar esas persoas discapacitadas para poder saír para adiante, tamén nos dixo que non todo o mundo acepta a esas persoas, senón que se sinten mellores cá elas.Para que fora mellor habería que poñerlle un final a película xa que todos nos quedamos coa intriga de qué pasara?.
    A charla sobre oo sindrome de down estuvo moi ben e moi interesante, todos aprendimos algo sobre esas persoas e a como tratalas, tamén vimos o mal que se senten cando nos as miramos mal ou non lles facemos o mesmo caso que as outras persoas, debería de haber mais tempo e facer os xogos que tiñan previstos para poder coñecelos mais e sentir o que eles senten pero aínda asi estivo ben.

    ResponderEliminar
  2. Jennifer, Miriam e Natalia19 de marzo de 2012, 14:09

    O pasado venres 9 de marzo vimos a película León y Olvido, a nós a película non nos gustou nada. É unha película que demostra a actitude contraria que deberían ter as persoas que teñen ao seu cargo alguén con síndrome de Down. Non nos enseña as cousas boas das persoas que se encargan delas.
    A charla tampouco nos gustou porque foi moi aburrida e non nos enseñou nada que non souberamos e os xogos duraron moi pouco.
    De todos modos o que esta actividade quería demostrar que é que as persoas con Down poden levar unha vida como os demais e quedou demostrado.

    ResponderEliminar