Mostrando las entradas para la consulta Genios ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas para la consulta Genios ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de octubre de 2015

INAUGURACIÓN DO PROXECTO "GENIOS" NO CPI VIRXE DA CELA







A Fundación Ayuda en Acción, en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento, baseándose no feito de que brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro. Un día á semana durante un cuatrimestre os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro mergullaranse no mundo das tecnoloxías a través dun convenio de colaboración entre  a Fundación Ayuda e Acción e o CPI Virxe da Cela que se firmou por terceiro ano consecutivo.

A mañá do mércores 7 de outubro inaugurouse o programa GENIOS, tendo lugar a primeira das sesións impartidas polo instrutor  Yon Penas, centrada nesta ocasión no programa Scratch e baseada na metodoloxía de Jóvenes Inventores. A través do manexo deste programa os nenos e nenas aprenderán non so os fundamentos básicos da programación informática, senón a desenvolver a súas capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e o traballo por proxectos. Esta interesante iniciativa axudará ao noso alumnado a reflexionar sobre os valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos a respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción


miércoles, 18 de noviembre de 2015

VISITA FUNDACIÓN REPSOL











Talento, compromiso, coñecemento, innovación… elementos fundamentais para a construción dun futuro sostible: para a esta meta se dirixen os esforzos do CPI Virxe da Cela, a Fundación Ayuda en Acción e a Fundación Repsol nunha aposta conxunta. Utilizando como materia prima a enerxía das persoas, estes tres colectivos tiveron a oportunidade de intercambiar puntos de vista e construír os cimentos de futuras actuacións durante unha primeira visita ao noso centro educativo (mércores 18 de novembro de 2015).
Foi unha estancia curta pero moi produtiva. Tras as presentacións oficiais o equipo directivo e un representante da ANPA acompañaron aos nosos convidados a asistir a unha clase de programación dentro do proxecto Genios, promovido por Fundación Ayuda en Acción en colaboración con Google.org. Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) e Javier Inclán (director da area social e institucional de Repsol)  puideron comprobar de primeira man que o noso centro aposta por romper a brecha dixital e que grazas ao compromiso de Ayuda en Acción os nosos alumnos e alumnas están a adquirir ferramentas e competencias que os capacitarán tanto para o seu futuro profesional como para o desenvolvemento integral como persoas e cidadáns, xa que en todo o proceso educativo prima o traballo en equipo e os valores.  
Como broche final o alumnado de 3º da ESO guiou un programa radiofónico en directo onde os principais actores deste traballo conxunto tiveron a oportunidade de expresarse. Beatriz Varela, técnico de Ayuda en Acción, explicou detalladamente a liña de actuación do programa de innovación tecnolóxica Smartick que se está a desenvolver co alumnado de primaria, e xa pasando a un plano máis persoal relatou a súa experiencia como voluntaria nos proxectos educativos que Ayuda en Acción está levando a cabo en América Latina. Yon Penas, encargado de impartir docencia no noso centro dentro do programa Genios, manifestou a súa admiración tanto polas ganas e motivación do noso alumnado como pola cantidade e variedade de actividades que se están a desenvolver no noso centro. As palabras de despedida de Ignacio Egea e Javier Inclán quedarán flotando nas ondas e no espazo e esperamos que sigan resoando e facendo eco nos oídos dos nosos nenos e nenas, xa que ambos directivos de Repsol salientaron que para soñar e construír o futuro non fai falla gasolina, senón a simple enerxía que produce a mente e o corazón. 






viernes, 25 de septiembre de 2015

NA PROCURA DE XENIOS

No noso país, máis de catro millóns de vivendas non dispoñen de acceso a Internet, o que implica que un 25% dos fogares españois están excluídos do universo dixital –o que nos sitúa na cola de Europa-. A brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro. A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade. Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.


 

jueves, 25 de febrero de 2016

AS FAMILIAS TAMÉN PROGRAMAN








Os cambios vertixinosos da sociedade precisan que a escola sexa quen brindar respostas educativas adecuadas a nova realidade. Neste senso o CPI Virxe da Cela de Monfero esta sempre a vangarda, con varios proxectos de innovación educativa que priman o valor dunha educación de calidade enmarcada na colaboración institucional pública e privada, a participación activa da comunidade e a inclusión educativa. Bo exemplo dos mesmos son proxectos como Monferosolidario, Paisaxe e Sustentabilidade ou o programa E-Dixgal de implementación de recursos dixitais para o traballo diario das aulas. 

 Ditos proxectos forman parte dunha perspectiva global e interdisciplinar das aprendizaxes, que neste curso escolar vaise ver reforzada pola posta en marcha do Proxecto GENIOS, desenvolvido en colaboración coa Fundación Ayuda en Acción e Google.org. A plataforma escollida para o seu desenvolvemento é Scratch, xa que permite, ademais de desenvolver os fundamentos básicos da programación informática, estimular as capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e co traballo por proxectos e cooperativo. Ademais, permitirá ao alumnado reflexionar sobre valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos, o respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción. Nun principio foron dúas sesións á semana durante un cuadrimestre que asentaron as bases dunha nova forma de pensar e relacionarse coa aprendizaxe, tanto do alumnado como do profesorado e impartidas por un profesional do ámbito, neste caso Yon Penas de Jóvenes Inventores. 

Dado o éxito da experiencia, ampliámola a través do Club Genios, para trasladar a experiencia ao resto da Comunidade Educativa. Dentro dista iniciativa, hoxe (martes 23 de febreiro de 2016) fomos máis aló: as familias do alumnado acudiron as aulas para aprender con nós este fantástico mundo da programación. O alumnado actuou de docente, levando a cavo un obradoiro cooperativo de creatividade educativa, configurando a escola como unha comunidade de aprendizaxe. A experiencia, aportou complicidade, ilusión e a concepción da escola como un espazo compartido de aprendizaxe.


jueves, 17 de diciembre de 2015

ESPECIAL RADIOFÓNICO FUNDACIÓN REPSOL

Os alumnos de 3º da ESO fixeron un programa de radio sobre o seu propio instituto. Nel, puideron entrevistar a Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) , Javier Inclán (director da area social e institucional de Respsol), Beatriz Varela (técnico de Ayuda en Acción) e a Yon Penas (docente do programa Genios). Todos eles son a mostra da participación co CPI Virxe da Cela co fin de lograr un futuro sostible baseado no coñecemento e na innovación. Velaí vai: