jueves, 26 de septiembre de 2019

#BEACTIVE. SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. O MOVEMENTO É VIDA

https://ec.europa.eu/sport/week_en


Dende o 23 ata o 27 de setembro, no colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela, celebramos a Semana Europea do deporte, baixo o lema #Beactive.
Tódolos días tíñamos que dedicarlle uns minutos a facer algo de deporte entre clase e clase, pero o día máis especial foi o Xoves 26, xa que cambiamos as clases normais por xogos e deportes durante toda a xornada lectiva.
 Organizado polas especialistas de Educación Física, Ruth Varela (E.I. e E.P.) e Teresa Blanco (E.S.O.), fixemos un montón de actividades: Bailes e congas para inaugurar o día, estacións deportivas (Gymkanas, deporte adaptado, xogos tradicionais, carreiras de relevos, brillé, slackline e fútbol) e exercicios de relaxación, onde non había palabras, soamente música.
 Unha semana para lembrar, facendo fincapé na importancia da actividade física para as nosas vidas.

Redorcade... #Beactive. (O movemento é vida)






miércoles, 11 de septiembre de 2019

POR TODOS OS MEUS COMPAÑEIROS. UNICEF


EDUCA DANDO ÁS



A participación dos nenos é responsabilidade, respecto, autocontrol e capacidade de planificación. É un dereito de infancia e, tamén, unha poderosa ferramenta educativa. A participación permítenos ser nós mesmos e construír o mundo no que queremos crecer e vivir. A participación é para todas as idades e forma xente forte e á. Non deixes que os teus alumnos perdan esta oportunidade. Educa a dar ás! Nos materiais educativos sobre a participación dos nenos e adolescentes na escola, descubriredes moitas pequenas ideas que podemos facer na nosa escola. 

viernes, 28 de junio de 2019

VIRXE DA CELA NA REVISTA DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Achegamos o enlace para visitar a revista dixital da Fundación Vicente Ferrer, na que publican un reportaxe sobre a contribución do CPI Plurilingüe Virxe da Cela para construír unha escola na India a través dos cartos recadados no Rastro Solidario e cos Marcapáxinas Solidarios.


jueves, 20 de junio de 2019

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2018-2019

Xoves 20 de xuño 2019















VOLUNTARIADO DE CENTRO

Dentro do voluntariado de centro os alumnos e alumnas de Primaria participaron na seguintes actividades. Por unha banda a coordinación do Espazo Ferraganchos da Biblioteca: por parellas realizaban axudaban aos compañeiros e compañeiras de 1º a 5º de Primaria a organizarse en dito espazo. Tanto no uso do escornabot coma co novo artello do espazo Ferraganchos. Trátase dunha mesa dixital para que o alumnado, especialmente o máis novo, experimente e xogue aprendendo. Así mesmo colaboraron nas actividades complementarias na súa organización e montaxe E, por último, axudaron no Clube de Lectura da Biblioteca Castelao axudando aos compañeiros e compañeiras de Infantil.




FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2018-2019


jueves, 6 de junio de 2019

ÉXITO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA GLORR





Carta de agradecemento, primavera 2019 - GLORR Fundación.

  Queridas familias e equipo docente, Desde GLORR Fundación, agradécevos a colaboración recibida nesta campaña de primavera para a recollida de roupa de segunda man efectuada no voso centro educativo. A través dos pais, alumnos e equipo docente axudástesnos á difusión da campaña e a repartición das bolsas entre os alumnos; por outra banda, facilitástesnos a recollida habilitando un sitio accesible no centro. Grazas ás vosas doazóns, desde GLORR Fundación seguimos axudando a nenos e nenas desfavorecidos no noso país. 

viernes, 24 de mayo de 2019

XUNTANZA FINAL HORIZONTE 2030

"Preservar os mares e océanos é responsabilidade de tod@as: nas túas mans está o cambio". Este é o lema que resumía o noso interesante proxecto de investigación "ODS14", e que veu a luz e foi proxectado na xuntanza final do proxecto Horizonte 2030 que tivo lugar en Santiago de Compostela o venres 24 de maio de 2019. Nesta xuntanza reuníronse todos os colexios participantes este interesante proxecto que facemos en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia





CAMPAÑA GLORR XUÑO 2019







Os rapaces e rapazas de 3º da ESO visitaron todas as aulas e estancias do noso colexio para repartir as bolsas e as circulares informativas sobre a Campaña de Recollida de Roupa que realizamos en colaboración coa ONG Glorr. Podedes traer as bolsas con roupa e calzado usado ata o mércores 5 de xuño. 




ÉXITO NA CAMPAÑA "MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS"





Informamos que no día de hoxe fixemos o reconto dos cartos recadados a través da actividade "Marcapáxinas Solidarios". Entre a venta e os donativos xuntamos 123 euros! Parabéns a todos e a todas polas vosas aportacións. Lembramos que esta actividade deseñouse para conmemorar o 10º aniversario do Proxecto School to School da FVF, e no noso colexio realizouse en colaboración coa Biblioteca Castelao e o Departamento de Plástica. 

Estes cartos, xunto cos 147 euros recadados no Rastro Solidario, serán enviados á Fundación  Vicente Ferrer, e deste xeito contribuir na construción dunha escola na India.