martes, 27 de diciembre de 2016
jueves, 15 de diciembre de 2016
QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
O CPI Virxe da Cela sumouse este
ano, por primeira vez, á XIII Carreira Quilómetros de Solidariedade da
ONG Save The Children. Enmarcada dentro
das nosas actividades solidarias, é unha actividade con dobre finalidade: por
unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario
cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e,
por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children”
para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus
dereitos.
Moito máis que unha actividade
deportiva, a carreira Quilómetros de Solidariedade permite traballar a defensa
e promoción dos Dereitos da Infancia dentro e fora da aula. A través das
actividades didácticas as alumnas e alumnos coñecen máis de preto a situación
que millóns de nenas e nenos de países máis desfavorecidos viven a diario. Mobilizarse
e loitar para defender os seus dereitos é o noso obxectivo. Cada quilómetro
percorrido conta para chegar á meta: conseguir que todas as nenas e nenos do
mundo teñan asegurado o cumprimento dos seus dereitos.
E para mostra, o vídeo que tedes
a continuación.
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA SOLIDARIEDADE
martes, 13 de diciembre de 2016
UNHA CLASE MOI ESPECIAL NA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE LUGO
A experiencia que presentarán concrétase nunha campaña de posta en valor do medio rural galego que aglutina un conxunto de actuacións a prol da identificación, valoración e enfrontamento a situacións problemáticas que o configuran dende unha perspectiva activa e resolutiva que é quen de aglutinar o esforzo comunitario. O nexo de unión é a Asociación Infantil e Xuvenil “Soño rural” creada polo alumnado do centro, sendo a encargada de dinamizar e difundir estas actuacións, tarefa que realizarán na Facultade. Neste curso escolar o proxecto deseñado ten por nome "A vaquiña polo que vale", sendo hoxe o alumnado o encargado de presentalo
Destacar que esta experiencia forma parte dos proxectos “Somos paisaxe, somos vida” e de “Monfero Solidario” que desenvolve o Centro educativo e que conta cun gran recoñecemento institucional, sendo o primeiro premiado en varias ocasións dentro do Plan Proxecta, tanto pola Consellaría de Cultura Educación e Orientación Universitaria como pola Consellaría do Medio Rural e Monfero Solidario galardoado co Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación al Desarrollo. Un proxecto que ademáis contou co respaldo da Dirección Xeral de Voluntariado pola súa capacidade de entender a aprendizaxe como un servizo á comunidade.
O encontro, impulsado pola profesora de Socioloxía da Educación, Marta Poncet e pola directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, Camino Pereiro (antigua alumna da Facultade), se encadra dentro do espírito de esforzo compartido en prol da calidade do ensino en todas as súas vertentes.
sábado, 10 de diciembre de 2016
10 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
“Somos moito máis fortes cando nos tendemos a man e non
cando nos atacamos, cando celebramos a nosa diversidade [...] e xuntos
derrubamos os poderosos muros da inxustiza”.
Etiquetas:
Día dereitos humanos
TRABALLANDO INTELIXENCIAS ENTRE A UNIVERSIDADE E A ESCOLA
Nestes últimos días o colexio público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) converteuse nun lugar de encontro entre o alumnado de 5º de Educación Infantil e alumnado do Grado de Mestres/as de Educación Infantil da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta experiencia foi que futuros mestres e mestras puxeran en práctica un banco de actividades deseñadas para desenvolver as intelixencias múltiples en nenos e nenas de catro anos.
Etiquetas:
Traballando Intelixencias
viernes, 9 de diciembre de 2016
INCONFORMISTAS
A Coordinadora Galega de ONGD pecha o ano do seu 25 aniversario coa difusión on line de 'Inconformistas. 25 anos de andaina solidaria', unha curta documental producida por Agareso, e dirixida por Xes Chapela, que fala da loita das organizacións galegas para mudar o mundo. O alumnado do CPI Virxe da Cela participou na gravación deste documental.
Etiquetas:
CGONG,
documental,
Inconformistas
lunes, 5 de diciembre de 2016
DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO NO VIRXE DA CELA

Animamos a todas as persoas do planeta para dar un moi
merecido aplauso global (#GlobalApplause) aos voluntarios e voluntarias a
través das redes sociais e a participar nas celebracións do Día do Voluntariado.
Este 5 de decembro, Día Internacional dos Voluntarios, non
só celebramos o voluntariado en todas as súas facetas, senón que tamén se rende
unha homenaxe especial a todos os voluntarios que traballan para conseguir os
novos obxectivos mundiais. A través do voluntariado, cada persoa pode influír
na axenda de desenvolvemento sustentable mobilizando e promovendo a
participación de gobernos e comunidades.
Cada día miles de persoas ofrécense como voluntarios, sobre
o terreo ou en liña, para contribuír á paz e o desenvolvemento e para alcanzar
os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Este día é unha celebración do noso compromiso e da nosa
esperanza dun mundo mellor.
VIVAN OS VOLUNTARI@S!!!!
miércoles, 30 de noviembre de 2016
XOGAR A PENSAR NO VIRXE DA CELA
Durante estes días (luns 28 e martes 29 de novembro) o alumnado de 6 a 12 anos do CPI Plurilingüe Virxe dá Cela
de Monfero preparouse para “Xogar a pensar”participando en diversos talleres de Filosofía para nenos e
nenas, impartidos por un profesorado moi especial: os estudantes de primeiro
curso do Grao en Educación Primaria da Universidade dá Coruña. Trátase dunha
iniciativa enmarcada dentro dun Proxecto de Aprendizaxe-Servizo impulsado polo
CPI Plurilingüe Virxe dá Cela e a Facultade de Ciencias da Educación da UDC,
institucións que veñen colaborando xa en distintas experiencias nos últimos
anos.
Este proxecto permite aos estudantes universitarios reforzar
dun modo práctico as aprendizaxes e competencias desenvolvidas na súa
titulación, á vez que realizan un servizo á comunidade educativa de Monfero e
Irixoa. Desde o CPI Plurilingüe Virxe dá Cela colabórase activamente na
realización dos múltiples talleres, co fin de iniciarse nunha metodoloxía, a
filosofía para nenas e nenos, que en palabras de Helena Zapico, docente do
departamento de Pedagoxía e Didáctica da UDC e coordinadora da actividade, permite mellorar as habilidades de pensamento
crítico, creativo e coidadoso dos nenos e nenas, a través da utilización de
xogos, arte e narrativa.
PRESENTACIÓN AO ALUMNADO DO PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
O martes 29 de novembro tiveron lugar dous actos dentro do proxecto de Educación para o desenvolvemento e cidadanía global,que leva a cabo o noso centro xunto a UDC.
- De 15:30 a 15:45 no salón de usos múltiples presentouse ao alumnado de secundaria e 4º,5º e 6º de primaria dito proxecto por parte de membros da UDC
- De 15:45 a 16:30 Reunión co profesorado participante no proxecto para facer a proposta definitiva de actividades e calendario.
lunes, 28 de noviembre de 2016
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller no Virxe da Cela

Ao redor da mesma se organizou unha mesa debate na que as
experiencias das nais do noso alumnado permitiron ver e reflexionar sobre a
evolución da escola e os valores sociais no último século. Actitudes, valores e
comportamentos transmitidos que camiñan cara a igualdade pero nos que aínda
perduran micromachismos que reflicten o que aínda nos queda por percorrer.
Pero a reflexión sempre debe ir acompañada do seu traslado á
realidade, e que mellor que darlle sabor a xornada cos obradoiros de cociña
creativa do alumnado de Ed. Infantil, doces nos que nenos e nenas amosan as
súas capacidades culinarias e dos que todo o centro fomos quen de saborear.
Alén disto, o alumnado de ESO exerceu de conta contos coa
obra “Artur e Clementina” e o de Ed. Primaria deseñaron marcapáxinas que
despois penduramos no patio do centro para quen llo regalara a unha muller da
súa vida no día de hoxe.
Sen dúbida, unha xornada moi especial.
Etiquetas:
Dia contra a violencia de xénero
viernes, 25 de noviembre de 2016
LUZ PARA COMBATER A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A violencia contra a
muller supón a manifestación máis extrema da desigualdade de xénero e a máis
grave violación dos dereitos humanos das mulleres que padece calquera
sociedade. Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller,
desde Entreculturas queremos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas
veces escondida e silenciada. Infórmate:
http://bit.ly/erradicacionviolenciamujer .
Etiquetas:
Dia internacional violencia mujer
Suscribirse a:
Entradas (Atom)