Durante varias sesións de clase, 7 alumnos/as de 1º da ESO están a preparar un discurso sobre a Educación en Emerxencias para facer chegar aos nosos políticos nun acto oficial da Campaña Mundial da Educación que terá lugar o vindeiro venres 23 de maio de 2025.
miércoles, 30 de abril de 2025
viernes, 25 de abril de 2025
REUNIÓN PROFESORADO INVESTIGACIÓN MOVEMENTO 4.7
Venres 25 de abril 2025, de 10:45 a 11:45. Reunión con ETEA _ Investigación Movimiento 4.7. María José Vázquez (ETEA), Estefanía Franco (Entreculturas), profesorado do CPI Virxe da Cela.
Dentro do Movemento 4.7. (que se financia a través dun convenio coa AECID) unha investigación activa na que se proba unha ferramenta de promoción da Cidadanía Global dentro da aula, buscando ver como levar a cabo unha educación transformadora e con perspectiva de EpCG axuda na formación e desenvolvemento dos alumnos e alumnas. Esta ferramenta consta dun cuestionario e uns xogos que a idea sería poder implementar con alumnxs de 1º da ESO.
Para isto, o equipo de ETEA reuniríase en liña co equipo directivo/o e con lxs educadorxs en cuxa clase se vaia a pasar o cuestionario antes de que o fagan, para darlles indicacións e/o resolver dúbidas.
A Fundación ETEA, Instituto de Desenvolvemento da Universidade Loyola, céntranse na investigación ao servizo do desenvolvemento, especializándose na implementación de proxectos e programas de cooperación internacional e realizando consultorías, estudos, asistencias técnicas e avaliacións.
jueves, 24 de abril de 2025
CELEBRACIÓN DA SAME 2025 NO CPI VIRXE DA CELA
Un ano máis o noso centro participa na Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Este ano, na SAME 2025, baixo o lema «Defende a Educación, apaga a Emerxencia» en España a campaña ten o foco na Educación en Emerxencia, que vaia máis aló da mellora do acceso á educación das nenas, novas e mulleres, nunha educación enfocada en equipar e capacitar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, comunidades e responsables políticos) para ser capaces de examinar, cuestionar e cambiar as construcións sociais e culturais que manteñen os privilexios do xénero masculino fronte ás nenas, novas, as mulleres e outras identidades de xénero ata o de agora moi invisibilizadas.
No corredor da planta baixa do edificio de secundaria hai un panel expositivo que ilustra esta campaña. Neste mesmo espazo está colgado o discurso que un grupo de alumnos/as de 1º da ESO levará ao Parlamento Galego no acto que terá lugar o vindeiro martes 29 de abril de 2025.
Proposta para unha actividade conxunta: Deixarase na sala do profesorado unha plantilla coa silueta dunha linterna, obxecto que simboliza a Educación en Emerxencia (SAME 2025), para que poda ser fotocopiado e distribuído entre os alumnos/as das diferentes clases de EI, EP, ESO, e así cada quen faga por grupo ou de maneira individual a súa personalización do obxecto (pintar, decorar, escribir mensaxes, etc) e engadir ao panel expositivo da SAME 2025.
miércoles, 23 de abril de 2025
HACKATLON DA REDE COMPÁS EN ALLARIZ
Varios alumnos/as de 2º, 3ºe 4º ESO participarán na actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación”, coordinado por AGARESO, que terá lugar entre os días 23 e 25 de abril de 2025.
As actividades previstas nesta mobilidade forman parte dun programa educativo extraescolar, certificado con Youthpass, e teñen como obxectivo a formación do alumnado en:
✔️ Competencias dixitais e mediáticas
✔️ Xestión de grupos e traballo en equipo
✔️ Habilidades de comunicación interpersoal e pública
✔️ Cidadanía e participación social (dereitos, deberes, institucións e vías de participación a nivel local, rexional e europeo)
![]() |
| Noticia do xornal "La Región". |
martes, 22 de abril de 2025
PRIMEIRO OBRADOIRO DE ARTIVISMO CON ATALAIAS
Martes 22 de abril 2025. Para 1º e 2º ESO. De 12:15 A 14:15. Actividade enmarcada dentro do proxecto Education4theplanet, promovido pola Fundación Ayuda en Acción. Tras a visita á praia do Pedrido (venres 11 de abril de 2025) e a recollida de obxectos de refugallo, neste obradoiro de Artivismo impartido pola organización Atalaias serviu para darlle un novo uso a estes materiais e sobre todo, para reflexionar e concienciarnos sobre o efecto dos nosos actos á hora de aplacar os efectos do cambio climático.
miércoles, 9 de abril de 2025
XORNADA DE LIMPEZA NA PRAIA DO PREDRIDO E VISITA AO PAZO DE MARIÑAN RESERVA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS
Que mellor maneira de rematar o trimestre que pasar unha xornada lúdica, educativa e cultural na zona das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Reserva de Biosfera pola UNESCO, 2013), encadrada dentro do proxecto Education4theplanet. Foi o venres 11 abril 2025, e todo o alumnado da ESO participou nesta actividade, pasando a xornada na Praia do Pedrido e no Pazo de Mariñán. O tempo nos acompañou e resultou moi agradable percorrer o areal do Pedrido en busca de obxectos de refugallo cunha doble intención: limpar de lixo este paraíso natural e utilizar os materiais recollidos para unha futura actividade artística, dándolle un novo uso. A poucos quilómetros desta praia se atopa o Pazo de Mariñán, e tivemos a sorte de poder disfrutar dunha visita guiada a este edificio tan fermoso, así como percorrer os fabulosos xardíns e gozar das vistas á Ría de Betanzos.
miércoles, 2 de abril de 2025
REUNIÓN ALUMNADO REDE COMPÁS
Xa faltan poucos días para o evento tan esperado, o Hackatlon en Allariz, que permitirá que varios alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela podan convivir tres días con outros xóvenes de outros 4 centros educativo galegos, da man do proxecto Erasmus+ "Rede Compás2. Para ultimar detalles e planificar a participación, a rapazada da Rede Compás do noso centro reuniuse o mércores 2 abril 2025 na Biblioteca Escolar, en horario de14:45 a 15:35.
jueves, 27 de marzo de 2025
VIDEOCONFERENCIA ALUMNADO REDE COMPÁS
Xoves 27 de marzo de 2025, de 10:30 a 11:15. Aula de Ferraganchos. Representantes do alumnado dos 5 centros galegos que participan no Proxecto Rede Compás (Erasmus+), realizan unha videoconferencia para organizar a actividade Hackatlon que se levará a cabo conxuntamente os días 23, 24 e 25 de abril de 2025 en Allariz. Para a vindeira semana os representantes do alumnado reunirase co resto dos rapaces/zas inscritos no proxecto para informarlles sobre os acordos tomados.
miércoles, 26 de marzo de 2025
O ALUMANDO DE 3º DA ESO, GAÑADOR AUTONÓMICO DO CONCURSO ESCOLAR ONCE
O alumnado de 3º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero resultou gañador en Galicia do 41 Concurso Escolar do Grupo Social ONCE. En esta ocasión, a iniciativa invitaba aos participantes –tomaron parte 12.700 escolares de 249 centros educativos da Comunidade– a reflexionar e traballar sobre os aspectos negativos que ten a soedade non desexada, “tendo en conta a maior incidencia que esta ten nas persoas con discapacidade”.
O xurado baseou a súa decisión na creatividade, orixinalidade e adaptabilidade sendo os traballos presentados accesibles para todas as persoas. Tras a fase autonómica, agora representarán a Galicia no nacional. Nesta iniciativa tamén participou o alumnado de 1º da ESO.
Moita sorte e parabéns ao alumnado e a súa
titora Inés.
Logo da actividade presentada
Explicación do logo.
ACTIVIDADE CONCURSO ESCOLAR ONCE. by veracruces
![]() |
| Imaxes de dous dos xornais nos que se recolle o recoñecemento. |
viernes, 21 de marzo de 2025
ENTREVISTA A MULLERES ACTIVISTAS POLO CLIMA EN GALICIA: CASA GRANDE XANCEDA
Venres 21 de marzo de 2025. 15:35 horas. Aula Ferraganchos. Entrevista a Cristina (Casa Grande Xanceda)
Entrevistas a realizar polo alumnado a mulleres cun papel protagónico no combate contra o cambio climático a partir do sector primario (gandería, pesca, agricultura, apicultura) que sairán maquetadas nunha publicación de carácter colaborativo, que levará por título: Historia de mulleres activistas polo clima en Galicia.
Casa Grande de Xanceda, é unha granxa láctea ecolóxica en Galicia. Co leite fresco e ecolóxico das nosas 380 vacas felices producimos iogures e queixos ecolóxicos! Realizamos visitas guiadas á granxa, nas que aprenderemos todo o proceso desde o campo á neveira.
DEFENDE A EDUCACIÓN, APAGA A EMERXENCIA
Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á Campaña Mundial pola Educación (CME). A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha semana onde máis de 124 países que traballamos para garantir o ODS 4 mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, os medios de comunicación, a sociedade en xeral e especialmente, a dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas no mundo, enmarcado na Axenda 2030.
Este ano, a SAME 2025 pon como foco principal a EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS, baixo o lema "Defende a Educación, apaga a Emerxencia". Na actualidade, máis de 75 millóns de nenas e nenos en todo o mundo viron interrompida a súa educación debido a conflitos, desastres naturais e outras crises humanitarias. Estas emerxencias non só privan á infancia do seu dereito para aprender, senón que tamén poñen en risco o seu futuro e o desenvolvemento das súas comunidades. Con todo, a educación non é só un dereito fundamental; é unha ferramenta de cambio:
– Protexe aos nenos e nenas en contextos de crises, ofrecéndolles estabilidade e seguridade.
- Rompe ciclos de pobreza, abrindo oportunidades para un futuro máis xusto e equitativo.
-Constrúe sociedades máis pacíficas e resilientes, promovendo a igualdade e o respecto mútuo.
miércoles, 19 de marzo de 2025
O ESPÍRITO DA COLMEA
martes, 18 de marzo de 2025
Xornadas ENKI de deporte adaptado
Toda unha experiencia participar nas Xornadas ENKI de deporte adaptado.
Neste evento no que participamos con outros centros da provincia probamos distintos deportes e material deportivo adaptado, rotando por diferentes estacións deportivas dirixidas por entidades deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e polo equipo ENKI.
Nelas, aprendemos que a través do deporte e do lecer, que a inclusión fai máis feliz á sociedade. Investigando, creando opcións, sensibilizando, visibilizando, facilitando unións entre persoas e colectivos, que contribúan a que a inclusión de persoas con diversidade física, mental ou sensorial, sexa unha realidade celebrada por todas as persoas.
Esta actividade tamén quedou recollida na prensa:
![]() |
| Imaxes que enlazan a noticias da prensa do evento. |
lunes, 17 de marzo de 2025
VIDEOCONFERENCIA PROFESORADO REDE COMPÁS
Luns 17 de marzo de 2025, ás 16:00 horas. Zoom. O profesorado coordinador do proxecto Rede Compás dos cinco centros galegos que participan nesta iniciativa (Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARSO Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), manteñen unha reunión online con María Lobo, de AGARESO. Nesta reunión abordouse principalmente a preparación da xuntanza que o alumnado dos cinco centros terá a finais de mes nun albergue en Allariz, cunha estancia de 3 días, na que tratarán de sacar a diante unha acción performativa a sentar as bases do que será o manifesto que se utilizará como incidencia política non so nos gobernos locais no mes de xuño, senón tamén a nivel europeo (viaxe a Bruxelas en setembro 2025).
![]() |
| Imaxe da actividade formativa. |




.png)






.png)
.png)
.jpg)






.png)
.png)
.png)
